VII edición do Workshop CMON

Iniciado por rimarzoa, 06 de Noviembre de 2019, 22:15:28

Tema anterior - Siguiente tema

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

rimarzoa

=========================================================================================
                                    VII Workshop CMON
=========================================================================================

Un ano máis, retomamos a organización do que será o VII Workshop CMON, que será, como
é costume, no mes de decembro. Non haberá variacións con respecto ás anteriores convocatorias,
non sendo que temos aínda máis ganas de pasalo ben e falar de Astronomía e Ciencia en xeral.

Data: Sábado, 14 de decembro de 2019.
Lugar: edificio da Residencia Universitaria Monte da Condesa. Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago.

Obxetivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos
astronómicos en xeral.

Quen pode asistir: calqueira persoa que estea interesada, con independencia de se pertence ou non a
unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar a outros os
seus descubrimentos.

Programación:
----------------------------
10:45 Presentación do VI Workshop CMON.
11:00 a 12:30: presentacións varias.
12:30 a 13:00: descanso.
13:00 a 14:00: presentacións varias.
14:00 a 16:00: comida.
16:00 a 17:30: presentacións varias.
17:30 a 18:00: descanso.
18:00 a 20:00: presentacións varias.

Datas importantes:
--------------------
6 de novembro: "call for papers". Comezo do período para apuntarse (sí, é necesario apuntarse).
5 de decembro: data final do "call for papers". Data final para apuntarse.
9 de decembro: publicación do programa definitivo.
14 de decembro: WORKSHOP CMON ¡vémonos en Santiago!

É indispensable apuntarse para poder estimar o número de participantes do workshop. A sala ten un aforo limitado
que non se pode superar de ningunha maneira.

"Call for papers".
Dende este momento facemos unha invitación a que presentedes os vosos traballos. O formato será en presentación
oral de 20 minutos máis 10 minutos para preguntas e debate. Dispoñeremos dun proxector de presentacións con
pantalla para que proxectedes o voso traballo.

A solicitude de presentación incluirá o título, o autor e un breve resumen (por favor, non máis dun par de liñas)
e enviaráse por correo electrónico á dirección de contacto ata a data final do "call for papers", cando se
elaborará o programa definitivo coas presentacións recibidas. De producirse sobrepetición de presentacións
a organización resérvase o dereito de seleccionar aquelas que considere máis interesantes pola súa novidade ou
interése.

Comida.
Pódese comer no Restaurante Monte da Condesa, no mesmo edificio do Campus Sur. Dispoñen dun "menú autoservicio"
que é o que usan habitualmente os estudantes da USC, de 2 pratos e postre (5,70 euros) ou un prato e postre
(medio menú, 4,70 euros) e de diversos pratos á carta. Non é necesario reservar con antelación.

O correo electrónico de contacto será:

rimarzoa (en) yahoo (punto) es

Un saúdo e vémonos o día 14.
Ramón.

Pablo

 :yipi:  :yipi:  :yipi:  Alí estaremos se nada se torce.

rimarzoa

Ola:
Xa temos varias charlas confirmadas. Se estades pensando en presentar unha, por favor, non o deixedes para o último día. Lembrade:
-título
-autor
-dúas liñas de resumen para o programa definitivo.

PD.
Para os asistentes lembrar que hai que enviar un correo indicando o nome e apelidos (por cuestións de aforo). Tampouco o deixedes para o final.