Ceos galegos, a web. Fotos e astro.

Iniciado por DosiVeiga, 28 de Abril de 2018, 11:13:12

Tema anterior - Siguiente tema

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

DosiVeiga

Pois levamos xa uns mesiños en probas, e aí o estamos. A web de Ceos Galegos é agora a competencia do APOD da NASA  :na:

Estamos a publicar, case a diario, unha imaxe do ceo nocturno ou diurno ounque teña que ver coa astronomía. E contamos a súa historia ou a ciencia que está por detrás. Son todo fotos feitas en Galicia ou case. Veredes imaxes de moitos dos usuarios deste foro. E de moita xente allea ao mundo da astronomía pero que lle gusta ver a súa foto publicada e, sobre todo, comentada.

Podes enviarnos as túas fotos e imaxes. O noso reto é chegar a publicar unha por día e, sobre todo, comunicar e divulgar ciencia. Non teñen que ser fotazas (que tamén). Se non fotos que nos permitan falar de astronomía e ciencia. E temos twitter, insta e feisbuc. Todo baixo a denominación @CeosGalegos.

Estamos a facer concursos (xa hai un de nubes) e pronto haberá moitas novidades.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)