24 de Enero de 2020, 23:53:16

O Setestrelo; que é?

Iniciado por DosiVeiga, 10 de Mayo de 2017, 14:56:19

Tema anterior - Siguiente tema

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

DosiVeiga

Pois iso. Facendo a tradución do APOD galego destes últimos anos a miúdo xorde a mesma dúbida, a tradución de Big Dipper. Adoito por traducila como Carro Maior ou Setestrelo, pois entendo que ese é o nome de seu en galego. Máis o dicionario da RAG reserva para este termo de Setestrelo a definicion das "pléiades". Consultados a este respecto aínda non me dixeron de onde procede a documentación para aseverar isto  :666:

Buscando noutros dicionarios galegos atopo que recollen para o setestrelo a equivalencia ao Carro Maior.

Máis alá da lóxica, un concepto que en lingüística se emprega pouco, de reservar unha palabra tan relevante o normal sería que fose para o carro Maior, circumpolar e útil para atopar a polar, e non para as pléiades, que vai ti a mirar se son 6 ou 7 e que se ven só nunha parte do ano. Aproveitando entón a coxuntura, ademais de pedirvos a vosa docta opinión, varias preguntas para animar o fío:

- lembrades se na vosa infancia oístes a palabra setestrelo na casa ou na aldea? Podedes preguntar aos vosos maiores? A que se referían?

- tedes algunha referencia de texto literario, dicionario galego, estudo... Que recolla a palabra setestrelo e o seu significado?

Prometo preparar un texto recompilatorio cos aportes para falar do tema.

Saúde e grazas anticipadas.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

DosiVeiga

Acabo de atopar que o Estravís recolle as dúas acepcións, para curarse en saúde; http://www.estraviz.org/Sete-Estrelo
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Pablo

Eu de pequeno na aldea escoiteino falando da Osa Maior.

kiu

Orión= setestreloetresmais  :mdr:
Africa

Camilo

Eu sei o que son sete estalos (solo por oidas).
No dicionario de galego do meo fillo da as duas resportas,e dicir:nome da constelacion tamen coñecida por Osa Maior formada por sete estrelas;Pleiades.Ou se trabucan,ou se curan en saúde.

Paco Fdez

 Norte -> Septentrional -> septentrion -> septem triones -> las siete estrellas del Carro