Ocultación estelar polo asteroide binario Eugenia na noite do 13 de xuño.

Iniciado por rimarzoa, 31 de Mayo de 2014, 18:09:49

Tema anterior - Siguiente tema

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

rimarzoa

Ola a todos:
Noraboa a Hugo pola súa observación. Na terceira gráfica de Limovie obsérvase claramente a caída de brillo. A segunda caida que ten a estrela parece ser provocada pola atmosfera xa que tamén se observa na estrela de comparación. Este é todo un éxito para o OAJ e para Hugo.
Os meus resultados:
-Eu tentei observar dende Ames pero o telescopio non apuntou ben, e entre o pouco tempo que había no crepúsculo e que o ceo aínda estaba moi brillante non a puiden observar. Observei un campo que creo que non era. Grazas a Monje por botarme unha man e correr comigo entre o teles e o ordenador varias veces. Outra vez será.
-Dende o OAJ en Teruel a observación foi negativa. Observaron durante todo o período o período co T80 con moi boa relación sinal-ruido pero a curva é plana.
Un saúdo a todos, e de novo horaboa a Hugo.

rimarzoa

Colapso, eu tamén opino como Paco. Deberías analizar con detalle a traza. Proba a facelo con esto:
http://www.driftscan.com/index.htm
ou esto:
http://www.asteroidoccultation.com/observations/DriftScan/
Seguro que tes un contacto. Unha caida de só 0.3 magnitudes non se ve na traza da estrela.
Saúdos.

hugogr

Pola miña parte supoño que pouco mais se pode facer. Xa mandéi o informe e revisei os vídeos anterior e posterior e non vexo nada mais.
Ainda teño pendente montar a base de tempos que diseñou Rubén. Poréime un dia distes con elo e algo mais milloraremos a precisión das medidas.

colapso

 Non se aprecia. Por desgracia o ceo ainda non estaba oscuro, mais a lúa chea, non axudaron a oscurecer o fondo.
O certo e que empecei a preparar todo 20 minutos antes da ocultación... total para un 5 a 1.


hugogr

Ésta e unha información que aporta Ricard Casas na lista de correos de Planoccult co perfil do asteróide según as observacions e unha foto real do mismo dende o Keck Telescope:
http://s25.postimg.org/a67tl9anz/20140613_Eugenia.png
http://athene.as.arizona.edu/~lclose/talks/ins/asteroid_petitprince.gif



colapso


Pablo