Workshop CMON.

Iniciado por rimarzoa, 20 de Noviembre de 2012, 16:49:25

Tema anterior - Siguiente tema

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

rimarzoa

Ola a todos:
Só lembrarvos que hoxe é o último día para aqueles que queirades facer unha presentación no workshop CMON. A presentación será de 15 minutos máis 5 de preguntas e debate. Lembrade que o taller será o vindeiro sábado día 15 no edificio do Monte da Condesa no Campus Sur de Santiago. Agardámosvos.
Lembrade tamén que as dúas noites anteriores cadra o máximo das xemínidas que este ano coinciden en Lúa nova.
Saúdos.

rimarzoa

=========================================================================================
                               I Wokshop CMON
=========================================================================================

Data: Sábado, 15 de decembro de 2012.
Lugar: Edificio do Monte da Condesa. Campus Sur da Univesidade de Santiago de Compostela. Santiago.
(entrada pola porta principal da Residencia Monte da Condesa)

Obxetivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de ocultacións, meteoros e
impactos meteoríticos na superficie da Lúa.

Quen pode asistir: calqueira persoa que estea interesada nos obxetivos anteriores, con independencia de
se pertence ou non a unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar
a outros os seus descubrimentos.

Programa (definitivo):
----------------------------
11:30 a 12:30: "Ocultacións: observacións, reducción e resultados" Ramón Iglesias Marzoa.
      Resumen: Faremos un percorrido polos resultados que temos ata agora, algunhas
      cousas que aprendimos das ocultacións e os retos que nos agardan no futuro.

12:30 a 13:00: descanso.

13:00 a 14:00: "Proxecto CAMS". Salvador Bará Viñas.
      O proxecto CAMS é un proxecto de observación de meteoros da NASA no que o CMON está a
      considerar participar.

14:00 a 16:00: comida.

16:00 a 16:30: "Planificación de ocultacións". Javier Vázquez Rodríguez.
      Resumen: Utilización del programa OccultWatcher: descripción; eventos y detalles de eventos;
      configuración; planificador de observaciones; Add-ins.

16:30 a 17:00: "Globe at Night 2013: unha oportunidade de colaboración internacional". Salvador Bará Viñas.
      Resumen: Globe at Night é a maior campaña de ciencia cidadá para a medida da calidade do
      ceo nocturno mediante observación da magnitude visual límite a ollo nu. Na edición de 2012
      acadáronse 16.850 observacións feitas en 92 paises. Presentaremos a campaña do próximo ano.

17:00 a 17:30: descanso.

17:30 a 18:00: "Construcción dunha cámara Allsky ". Moisés Lameiro Bergantiños
      Resumen: Construcción e operativa de cámara all sky de baixo custo.

18:00 a 18:30: "RaspberryPi: uso potencial en astronomía". Rubén Díez Lázaro.
      Resumen: El RaspberryPi es un recurso computacional barato, pequeño, versátil y de bajo
      consumo que abre nuevas posibilidades para su uso en astronomía: Exploremos algunas de
      sus posibilidades.

18:30 a 19:30: "Sensor Lab". Estudio in-situ das características de ruido e sensibilidade de diferentes
      sensores utilizados en Astronomía. Podedes traer as vosas cámaras de video/CCD. No caso
      das cámaras CCD, por favor, traede un ordenador portátil cos controladores instalados
      para poder ir enfriando a cámara simultáneamente a outras probas.

Vémonos o sábado en Santiago.
Saúdos.

hugogr

Vese unha axenda moi apretada e interesante. A ver si a próxima vez xa  podemos botar unha man Ramón. A maiores, seguro que  imos levar ademáis un bo carro de preguntas.

rimarzoa

Ola:
A axenda aparece apretada pero dádevos conta que deixamos descansos de media hora de cando en cando para dar flexibilidade ós horarios e para permitir a interacción/conversa/cotilleo... entre participantes. Deso se trata, de fomentar a difusión do coñecemento.
Lémbrovos que se alguén está interesado en asistir, aínda que xa pasou o prazo "oficial" para apuntarse, non ten nengún problema. Envíame un correo para ter un pouco de control do aforo e xa está. E se non se decide ata última hora e decide pasarse por alí, pois tampouco deixaríamos a ninguén na rúa.
Saúdos.

DosiVeiga

A verdade, Ramón, é que vos quedou un programa súper-chulo. Temas interesantes, espazo abondo para poñernos ao día dos temas que temos colaterais... xa me tarda en chegar para poñer en marche dunha vez o meu equipo. E aprender, que seguro aprenderemos todos moito de ciencia.

Noraboa!
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Pablo

Certo, coincido en todo con Dosi. Noraboa ¡¡¡¡¡¡ e agardo poder estar o sábado na capital.

oscar

También iré, si estoy a tiempo de apuntarme, aunque no podré llegar al principio, me tendré que incorporar con el tema ya empezado. Supongo que no será un problema, teniendo en cuenta que hay muchas pausas.

Saludos
Óscar Blanco

rimarzoa

Ola Óscar.
Por suposto que podes vir, xa contamos contigo. Aínda que empezaran as presentacións non hai ningún problema en que pases con elas empezadas.
Saúdos.

colapso

 Si ainda é posible, tamen me apunto.

alejandromeira

Eu este fin de semana teño que poñer notas así que non poderei ir. Se fose algún tema no que estivese metido quizá podese sacar tempo de onde fose, pero sendo o dos asteroides prefiro non andar apurado.
c is the speed of light, isn't it?

rimarzoa

Ola a todos:
ós que confirmáchedes a vosa asistencia ó Workshop mañán en Santiago darvos algúns avisos:

-Se vides en coche moito coidado na estrada dadas as inclemencias meteorolóxicas que estamos a padecer.

-No aparcadeiro que hai na entrada da residencia universitaria Monte da Condesa pódese aparcar de balde porque non é zona de ORA, pero hai outros sitios
do Campus Sur onde sí hai ORA. Vixiade onde deixades o coche por se tedes que poñer ticket. Xusto diante do Centro de Transfusión hai algunhas prazas
reservadas a doantes, que hai que deixar libres.

-A aula que imos a utilizar será, en principio, no primeiro andar da residencia universitaria Monte da Condesa, ó lado do Centro de Transfusión de Galicia.

-Cando cheguedes á residencia universitaria teremos postas algunhas frechas no recibidor que vos guiarán á aula que usaremos, pero tamén podedes preguntar na recepción onde está situada. Os compoñentes da organización tamén andaremos por alí.

Saúdos e vémonos mañán.

tmancebo

Boa noite a todxs!
Deixo a ligazón para descargar as fotos do workshop de hoxe (sen selección previa :-)
http://tmancebo.eu/descargas/cmon.zip

Saúdos.

Madmartigan

16 de Diciembre de 2012, 02:08:27 #27 Ultima modificación: 16 de Diciembre de 2012, 14:26:14 por Madmartigan
Agradecese 8)
Deixo o meu PPT onde veñen as ligazóns os artigos de Ebay
http://dl.dropbox.com/u/107783990/allsky.ppt

Un placer coñecer os novos e encantado de volver a ver os de sempre :smile:

Edito: esta es la web española que distribuye el Raspberry Pi (aunque sale mas caro)
http://raspipc.es/

tmancebo

Grazas polo ppt e tamén pola ligazón. Encantada de coñecervos a todxs!  :happy:

monje

16 de Diciembre de 2012, 16:07:14 #29 Ultima modificación: 16 de Diciembre de 2012, 18:12:11 por monje