Inauguración de Planetario Dixital

Iniciado por DosiVeiga, 31 de Octubre de 2012, 13:09:35

Tema anterior - Siguiente tema

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

DosiVeiga

A pesares da situación actual do Albergue dos Biocos, a vida segue. Estamos a cumprir con todos os nosos compromisos adquiridos e xerando novas ideas e proxectos.

Algúns xa puidestes ver o "borrador" do planetario durante a AstroGalicia 2012. Agora, este sábado poñémolo en marcha oficialmente. Faremos varias proxeccións de proba, abertas a toda a poboación da zona e, por suposto, que estades tamén invitados. Iso si, tede en conta que é un "planetario dixital", polo que ninguén debe agardar un nivel de proxección como o que teñen os planetarios ópticos (como o da Coruña). Que xa nos coñecemos e sodes un público moi esixente  :whistle:

Un saúdo a todos.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

DosiVeiga

E velaquí un par de fotos da primeira sesión (a segunda en realidade, porque onte fixemos un pase para un grupiño de xente que non podía vir hoxe que nos serviu de proba). Podedes ver como é o planetario por dentro con luz (e os seus defectos). Tamén, como loce unha proxección real sobre a cúpula. Non é tan brillante como cando usamos o Stellarium nunha pantalla plana, pero é un tema de superficie. A semi-cúpula ten 7 metros de diámetro  :intello:

Por certo, os asistentes ás proxeccións todos encantados.

Fotos: Rosa Veiga.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Pablo

NORABOA ¡¡¡¡¡¡. Ten unha pinta macanuda  :yes: :yes: :yes: :yes: :yes:

etheotonio

 Noraboa, Dosi e Rosa, todo quedou moi ben, o local fantástico e cheo total ña sesión das 19:00, pasámolo moi ben, e as castañas boisimas, todo un detalle!
Adiante! Que sodes xeniais!
Un saudo Paco e Elena.

P.d. Sentimos perder as fabes con cogumelos, agora que maña ou pasado terei as fabes terei que lle pedir a recetiña a miña Rosa favorita.

Bicos.

alejandromeira

Ola meu! Noraboa e moitas felicitacións. A verdade pasouseme o evento  :frown: que si non alí estaría. Bueno, haberá máis datas ¿non si?   :great: :great:
Medí los cielos,
ahora mido las sombras de la tierra.
Del cielo es mi mente,
en la tierra descansa mi cuerpo.

Ricardo

Pues la verdad es que no se nota absolutamente nada que la cúpula no es totalmente semiesférica. Enhorabuena por la idea, porque funciona muy bien.

¡Qué pena que no pudiera ir!. Pero espero que haya más oportunidades.

DosiVeiga

O teito é tan baixo que depende moito do sitio onde un se sente, a deformación será maior ou menor. Non temos un planetario profesional nin óptico, pero creo que cobre perfectamente o obxectivo didáctico que persegue. Imos ver de mellorar algo máis o equipo, pois a experiencia nos di que sería mellor un proxectos que nos dea máis contraste (os negros do ceo máis negros, por exemplo).

Aquí unha reseña da prensa local onde se explica como foi o primeiro día. A verdade é que tivemos tres sesións e a afluencia foi mellor do que agardabamos (pensando a escasa publicidade feita e que se trata dunha zona rural): 17, 35 e 7 persoas, en cada unha das sesións. Xente do pobo, da veciña Trives... e bos amigos de Ourense  8)

Nunhas semanas, cando vexamos máis claro o noso futuro, xa faremos un pase para a comunidade astronómica. Aínda que seguro vos presta máis saber como se fixo o planetario que gozar da proxección  :rules:

Graciñas polos comentarios.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Madmartigan