Reunión asociacións colaboradoras de AstroGalicia 2010

Iniciado por DosiVeiga, 19 de Noviembre de 2010, 00:49:55

Tema anterior - Siguiente tema

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

DosiVeiga

19 de Noviembre de 2010, 00:49:55 Ultima modificación: 19 de Noviembre de 2010, 00:56:31 por DosiVeiga
Os organizadores da edición de AstroGalicia 2010 queremos facer unha reunión final de peche, á que convocamos ás asociacións colaboradoras e organizadoras do evento. Como outros anos, ademais dos organizadores desta edición, cremos que unha ou dúas persoas por asociación podería estar ben. As asociacións recibiredes unha convocatoria por correo electrónico, para que poidades confirmar a vosa asistencia. Neste fío, estaría ben que propuxérades novos temas a debatir, se tedes interese.

A orde do día:

1.-Revisión do informe de conclusións da edición deste ano.

2.-Revisión das contas de AstroGalicia 2010.

3.-Melloras para futuras edicións.

4.-Proposta de voluntarios para a organización da vindeira edición.

Localidade: Santiago de Compostela.
Lugar: Centro Social da Trisca, lugar das reunións anteriores e onde se xuntan os amigos de Clube Vega.
Día: sábado, 11 de decembro de 2010 (o mesmo día que a AstroCea).
Hora: 19:00 horas.
Duración: entre 1 hora e 1 hora e media.

Edit: mudei a hora de inicio, que estaba mal. E a data, que me equivocara de semana  :oops:
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Siriusbarbanza

Hola peña,siento no poder asistir a la convocatoria,confiaba poder ir,pero me es imposible,que lo paseis bien  :great:

Un abrazo.

Pd: Cuidadin con la sesion  G.T.C.  :drunk: