22 de Septiembre de 2019, 21:23:32

Eclipse de 1912...

Iniciado por salva, 02 de Febrero de 2010, 18:56:44

Tema anterior - Siguiente tema

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

salva




       Ola a tod@s,

       Unha das miñas irmás pasoume este curioso recorte de prensa do xornal "El Eco de Galicia", dalgún día do ano 1911, no que se fala da preparación da observación da eclipse total de sol do ano seguinte. Teño curiosidade por saber desde que estación se fixeron finalmente as observacións... Pode pagar a pena poñer algunha pequena placa conmemorativa nalgún lugar das terras orientais ourensás!

       Saúdos!
       s.

Emilio (AASPO)

Moi chulo o artigo. Ou polo menos para min que son rata de biblioteca e atopar estas reliquias faime ilusión (ainda lembro cando atopei a primeira definición do concepto de Paralaxe feito por Martin Sarmiento na biblioteca do museo de Pontevedra).

Eu teño por casa o libro sobre a Historia da astronomía amateur en españa que creo recollía esas observacións das eclipses de principio de século que se fixeron en galiza.

Ei de miralo cando vaia por Pontevedra.

Un saúdo,

salva



      Ola Emilio, pois se podes botarlle un ollo á bibliografía a ver que aparece, sería interesante. Dentro dun par de anos cumprirase o centenario desa observación (se é que finalmente se fixo) e pode ser unha boa ocasión para propoñerlles aos concellos de Verín ou do Barco facer algún acto conmemorativo e algunhas actividades de astro...


DosiVeiga

Teño na arquivador de proxectos pendentes repaso de hemerotecas de fenómenos astronómicos como eclipses, para ver como se trataban na prensa local. Mira ti por onde, aquí hai un tema interesante.

O ano 2012 vai dar moito que falar  :666: No caso de terense feitas esas medidas, xa temos dous concellos candidatos para a AG12.

Pareceume moi enternecedor o comentario "profecías de la ciencia" que aparece no recorte.  :jap:

Emilio, en canto ao libro ese do que falas, sabes a referencia completa? O título cando menos, para tratar de localizalo nalgunha biblioteca da cidade.

Saudiños.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

oscar

Si quereis información del eclipse:

http://www.astrosafor.net/Huygens/2000/H22/Eclipse1912_1.htm

Yo ya sabía de este curioso eclipse híbrido, de hecho lo he comentado en alguna charla sobre eclipses. Es una pena que no quede nadie quien nos pudiera aportar su experiencia....y si queda sería muy pequeño entonces.

Saludos
Óscar Blanco

Borja

Este eclipse tiene una historia bien chula. Para el eclipse hibrido de 1912 Josep Comas, de todos conocido, se traslado para su observación a la zona del Barco, llego varios meses antes del eclipse para buscar el emplazamiento adecuado ya que la franja en la que se iba a ver el eclipse total era muy estrecha tanto geográfica como de observación, creo que la totalidad se mostraba solo unos pocos segundos.

Después de un buen trabajo de campo determinando el mejor lugar, a falta de GPS medir con precisión la posición llevaba su tiempo, monto el campamento base y la mañana del eclipse paso lo que pasa en Galicia, nublado. Aun con todo el cielo encapotado durante la totalidad paso un claro que permitió hacerle esta foto en un segundo.

http://www.astrosafor.net/Huygens/2000/H22/Fotos/Eclipse4.JPG

No te falta razón Salva, creo que esta foto y la aventura de Comas se merece una buena placa en el lugar de observación, asi como algún evento de centenario, no se de ninguna otra foto de un eclipse con mas merito.

oscar

He simulado con el stellarium el eclipse y es una pasada.

Haced la prueba!
Óscar Blanco

salva



      Moitísimas grazas pola info, Óscar e Borja.

      Xa sabemos onde estivo Comas i Solá: "Nos instalamos a +42º 24'5 de latitud, y a 6º 58',7 al W de Greenwich. Esta situación corresponde a la orilla derecha del caudaloso Sil, ...."

      ... e tamén a composición do grupo de observación:  "Esta comisión científica estaba compuesta únicamente, aparte de dicho operador ( de la cámara cinematográfica), del que suscribe y de su esposa".

      Tempos aqueles...
      Abrazos, s.


Borja


Cuando la astronomia era toda una aventura!

salva

03 de Febrero de 2010, 11:31:18 #9 Ultima modificación: 03 de Febrero de 2010, 11:34:07 por salva

      Aí vos vai o lugar aproximado (a unha décima de minuto de arco) segundo as coordenadas dadas por Comás i Solá. Probabelmente o punto de observación estivo nalgún lugar dese outeiro, a carón do Barco. Se non me equivoquei ao meter os datos, claro, se alguén o verifica, mellor. Bo sitio para unha celebración!
       Rick, o sitio queda polas túas terras....


Borja


Organizamos una excurison?  :party:

DosiVeiga

Preciosa e curiosa historia, compis. Hai só cen anos e, daquela, debera ser toda unha expedición. Se temos en conta as condicións do país nesa época, as comunicacións e todo iso... Pensar que en principio recomendan ir a Verín porque hai boas fondas nas que aloxarse  :intello:

Ademais, en abril e en Galicia. Debe ser o mes con peor meteoroloxía do ano. Non sei se superado por marzo ou maio.

Por certo Salva, non me cadra a túa localización porque Comás menciona a marxe dereita do río, polo que ou ben se equivocou (non creo, xa que daquela o Sil corría libre de presas) ou ben as coordenadas son aproximadas. Haberá que comparalo con datos actuais de tempos da eclipse, a ver se descubrimos algo mellor. Polo demais, creo que para dentro de dous anos habería que preparar algo, tal e como dicides (haberá que ir pensando en nombrar unha comisión organizadora :rofl:).

Pola miña parte, unha tarde destas achegareime pola hemeroteca de Ourense a consultar a prensa local daquelas datas. Non creo que no Barco haxa ningún rexistro oficial de eventos nin ningún "cronista oficial" como noutras vilas ou cidades, pois ao mellor apareceu recollido nalgún rexistro. Incluso parroquial, non sei. A ver que nos conta o Rick.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

salva


Cita de: DosiVeiga en 03 de Febrero de 2010, 12:53:02
Por certo Salva, non me cadra a túa localización porque Comás menciona a marxe dereita do río, polo que ou ben se equivocou (non creo, xa que daquela o Sil corría libre de presas) ou ben as coordenadas son aproximadas.


     Si señor, concordo contigo... pero non sei onde está a chave. Para estar na outra beira do río a latitude tería que ser uns 0.4 minutos de arco maior que a indicada por Comás no informe sobre a eclipse (42º 24'.9 en vez de 42º 24'.5), e paréceme moito erro para tan meticuloso astrónomo. Podemos verificar se as marxes dereita e esquerda dos ríos se definian en 1912 como agora, ou ir á revista orixinal na que publicou o artigo Comás a ver as coordenadas están ben copiadas na páxina web citada na mensaxe de Óscar. Bo, cabe outra opción, e é que a miña presbicia me fixese marcar mal o punto en Google Earth ;-)


DosiVeiga

Cita de: salva en 03 de Febrero de 2010, 13:06:19
Bo, cabe outra opción, e é que a miña presbicia me fixese marcar mal o punto en Google Earth ;-)


Pois eu de ti miraríame iso. Podo recomendarche a uns bos ópticos que coñezo  :rofl: :rofl: :rofl:

Por certo, non se influiría nalgo a declinación magnética, que en 100 anos xa é algo apreciable. A ver se algún experto en xeografía e coordenadas dos que andas polo foro poden facer uns cálculos.  :rules:

Creo lembrar cando facía orientación que, diante dun mapa topográfico, o primeiro era comprobar os valores que daban para esa declinación, para adaptar as coordenadas. Habería que facer aquí o mesmo??? :penguin:
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

salva

Cita de: DosiVeiga en 03 de Febrero de 2010, 13:41:43
Por certo, non se influiría nalgo a declinación magnética, que en 100 anos xa é algo apreciable. A ver se algún experto en xeografía e coordenadas dos que andas polo foro poden facer uns cálculos.  :rules:
Creo lembrar cando facía orientación que, diante dun mapa topográfico, o primeiro era comprobar os valores que daban para esa declinación, para adaptar as coordenadas. Habería que facer aquí o mesmo??? :penguin:


       Ola de novo,
       A determinación das coordenadas terrestres dunha estación non se facía (até onde sei) usando compas magnético... Así que non creo que os cambios na declinación teñan que ver con esta cuestión. Non sei se habería algunha modificación da grella de coordenadas terrestres consonte se foi coñecendo mellor o xeoide ao longo do s.XX. Como primeiro paso creo que o máis práctico é chequear as fontes (a revista da SAEA e posibeis rexistros locais: por exemplo, as actas do goberno municipal do Barco desa época).