Programa de Astrogalicia 2010: actividades ou accións especiais

Iniciado por DosiVeiga, 22 de Diciembre de 2009, 14:34:49

Tema anterior - Siguiente tema

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

DosiVeiga

Aqueles elementos que poidan ser de interese para incluír na Astrogalicia. Para que sirva de exemplo o da edición pasada, serían as seguintes: o espectáculo de divulgación científica de Astronómadas, o foro das asociacións do último día, o espazo das asociacións que estivo toda a actividade, a observación solar (suspendida), a observación nocturna, o ludoteca científica para nenos/as, a presentación na Coruña co visionado parcial de "Hawaiian Starlights"...

Que actividades ou accións credes que se poden repetir ou que se poden incluír?

Unha proposta, ao fío da temática xeral que estamos falando para que sexa a da edición deste ano, a Contaminación Lumínica:
- Apagado completo das luces do concello no que se desenvolva a actividade, durante 2 horas ao inicio da observación nocturna. Tecnicamente pode ser complicado, pero ata pode ser un requisito para o lugar onde se realice a actividade.

Outra proposta:
- Presentación local na cidade onde ten máis presenza cada asociación, da Astrogalicia 2010. Deste xeito potenciamos as vosas redes sociais propias e potenciamos a asistencia. Habería que pensar en algo que facer que permita xustificar esta presentación local.

Que vos parece? Outras ideas diferentes? Algunha cousa da edición 2009 que pensedes se pode repetir?
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

DosiVeiga

Aínda habendo outro fío onde tamén se fala de actividades especiais, xa que abrira este sen decatarme vou a facer aquí algunha proposta. Trátase de:

RELOXO DE SOL MONUMENTAL
Xorde de pasear por Internet, ao fío do cal xa comentei algo noutro lugar deste foro. Ademais, sóame que un amigo da Agrupación Astronómica Madrileña ten algo de experiencia no asunto. Trataríase de aproveitar a torre dunha iglesia ou edificio singular como gnomon para facer un reloxo de Sol.

Non son un experto en gnómica pero teño feito algunhas cousas (e lido unha chea de documentación). Pero cónstame que en varias asociacións hai xente que entende moito destas construcións solares. Así que vexo relativamente sinxelo, barato (detalle importante) e moi, moi chamativo poder facer reloxos de Sol efímeros. Abonda con pintar a praza na que faga sombra a torre do reloxo ou do monumento escollido. Tanto pode valer como actividade extra na Astrogalicia, como posible obradoiro ou, quizais, para facer unha historia destas en cada cidade ou vila galega durante o ano 2010 a conta da presentación da Astrogalicia 2010.

Que vos parece? Queda clara a idea? Algún de vós controla de gnómica? O vedes factible?
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)