Leonidas 2009... triangulamos?

Iniciado por salva, 27 de Octubre de 2009, 01:33:38

Tema anterior - Siguiente tema

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

salva

12 de Noviembre de 2009, 13:24:13 #120 Ultima modificación: 12 de Noviembre de 2009, 13:29:19 por salva
Cita de: Pablo Canedo en 12 de Noviembre de 2009, 12:34:29
Creo que la mejor (o casi única) opción para los que vayan a intentarlo con webcam, es encuadrar una constelación brillante  como Orion al fondo. Es probable que por lo menos rigel y betelgeuse sí salgan en las tomas, y en teoría, debería bastar, ¿no?


    Ola Pablo,

    Os que imos usar webcams imos calibrar con moita precisión o campo mediante tomas feitas con DSLRs, establecendo as correspondencias entre píxeles dunha e doutra cámara (hai un par de posts máis arriba comentando como) Afortunadamente, non necesitamos que apareza ningunha estrela no campo da webcam para calcular coordenadas con precisión.
    Adicionalmente, pero non relacionado co problema das estrelas en campo, imos usar cámaras de video AXIS para captar trazas. Do mesmo xeito que no caso anterior, se temos que apuntar a un campo con poucas estrelas notabeis, calibraremos as tomas mediante as DSLR. Se alguén vai usar video e DSLR podo mandarvos máis en detalle como usar ambas cámaras para facer unha determinación de coordenadas "niquelada"  :wink2:


salva


      As predicións de MeteoGalicia seguen bastante pesimistas para o 17...  :grrrrrr:

      Pero en fin.. sempre nos quedarán as Xemínidas! Este ano (max. o 14 de decembro) parece que veñen fortes: THZ de 120, Lúa case nova, boa visibilidade desde Europa Occidental. http://www.imo.net/calendar/2009#gem
      Acabarán por caer nas nosas cámaras, antes ou despois  :out:  :yipi:



salva

15 de Noviembre de 2009, 00:11:20 #123 Ultima modificación: 15 de Noviembre de 2009, 00:14:21 por salva

     OK, hai novas da SPMN via OARMA. Seguen sen ter operativas as cámaras de Lugo, polo que o de apuntar sobre Lalín parécelles en principio ben.

     As previsións para a noite do martes son aínda algo incertas, pero malo será que non poidamos cando menos aproveitar algún dos claros que segundo se anuncia irán abríndose polo Oeste de Galicia.

     Ao ser a primeira vez, podemos ter como obxectivo poñer a proba a nosa coordinación e as diferentes cámaras que temos en cada sitio. Se adicionalmente sacamos datos válidos, xenial. Lembrade que ningún dos postos de observación por si só pode obter datos interesantes para calcular órbitas :smile: A triangulación, como outras cousas na vida, é cousa de dous... polo menos.  :smile:


     PROPOSTA PARA O MARTES:

     - En principio podería haber postos de observación en: Guitiriz, Carballo, Compostela, Fontefría, Ourense, Montederramo... e nalgún lugar a medio camiño entre Xares e a cama  :smile:

     - Sempre que sexa posíbel, ter ou ben unha cámara con sensibilidade suficiente para captar trazas e estrelas de fondo (ver fio da Watec) ou, equivalentemente, dúas cámaras en tándem: unha réflex para as estrelas e unha de video ou webcam para sacar os datos de velocidade. Sobre como operar con este tándem pegade un toque se hai dúbidas.

     - Campos sobre 50º ou maiores poden ser axeitados. Non é necesario usarmos cámaras all-sky, parte do campo destas non se vai aproveitar.

     - Apuntamos todos as cámaras a un punto da atmósfera situado a 100 km de altura na vertical de Lalín. Cada quen pode calcular o acimut e a altura desde o lugar onde vaia facer a observación.

     - Nas imaxes de video superpoñemos a hora coa maior precisión que dea o programa de captura. Os ordenatas sincronizámolos vía NTP (help!... eu necesito un "NTP for dummies").

     - Video polo menos a 5 imaxes por segundo.

     - Contactamos en tempo real por móbil ou skype para comentar incidencias.

     Pois non sei que máis... calquera idea ou suxestión é benvida.

     Amplos claros e a por elas!




 

Pablo

Por lo tanto:

- Orientamos la cámara DSLR y la webcam hacia un campo de cielo dirección Lalín y a lo que caiga en esa zona ¿no?.

- En lo tocante a la sincronización de equipos, yo tenía pensado ponerlo todo en hora en función de las señales horarias, por ejemplo de radio nacional.

salva

16 de Noviembre de 2009, 00:20:06 #125 Ultima modificación: 16 de Noviembre de 2009, 00:31:47 por salva
      Ola Pablo!

Cita de: Pablo en 15 de Noviembre de 2009, 23:49:16
Por lo tanto:
- Orientamos la cámara DSLR y la webcam hacia un campo de cielo dirección Lalín y a lo que caiga en esa zona ¿no?.


    Exacto. En dirección Lalín e apuntando a 100 km de altura sobre esa vila. O ángulo de elevación ao que tes que apuntar as cámaras podes calculado como = arco tanxente (100 km / distancia entre o teu posto e Lalín en km).  

   ((Edito: Fontefria debe estar a uns 50 km en liña recta de Lalín, así que apunta a 60º ou 65º de altura. Como o campo das cámaras é duns 50º tampouco é crítico se te vas uns poucos graos para arriba ou para abaixo ao apuntar))

    É imprescindíbel que: (a) ambas cámaras estean montadas sobre un mesmo soporte ríxido, de forma que unha vez montadas non se movan (nada nada nada) unha respecto da outra e (b) que antes ou despois da observación (preferentemente ambas cousas) saques con boa luz unha imaxe das paisaxes próximas ao horizonte con ambas cámaras nese soporte único. Iso é o que nos permitirá calcular logo onde están as estrelas de referencia na webcam.


Cita de: Pablo en 15 de Noviembre de 2009, 23:49:16
- En lo tocante a la sincronización de equipos, yo tenía pensado ponerlo todo en hora en función de las señales horarias, por ejemplo de radio nacional.


    En caso de necesidade pode ser unha boa opción. Pero creo que nun post anterior Canedo e Ramón comentaban que era mellor usar a sincronización vía NTP para ordenatas que teñan conexión á rede. Supoño que esta sincronización pode facerse antes de saír de casa, pero non controlo diso. Ramón, Canedo, any help...?


    saúdos!

RICK

Ok, mi puesto está a 97km en linea recta,,,,,,,,, 46º de elevación y desde aquí 290º de dirección......  :money:
En cualquier caso mireré la programación de la tele porque o mucho cambia la cosa o tendré que salir en canoa  :grrrrrr: (además de verdad)
Con la canon S5IS puedo sacar video en 640x480 a 30fps........  :arf: pero,,,,,,,,, e o que ten (o que non ten dslr) . Tenía apalabrado portatil y camara de video peeeero "se me van de vacaciones" a ver si improviso algo. Lo de sincronizar desde el foro esa misma tarde me parece perfecto pero no está nada mal lo de radio nacional (o la que sea)... Pero para sincronizar de principio deberiamos "sincronizarnos" nosotros no sea que unos se pongan a las 19:45, otros a las 21:30 y otros a las 23:45.........  :^^:

Pablo Canedo


Pablo Canedo

Cita de: Isod en 28 de Octubre de 2009, 21:01:43
Xa estaba desmontando un espello no supermercado da esquina para utilizar, e volta a cambiar de aparello. Se é que non vos decidides  :rofl:


Dosi! donde está ese supermercado?  :whistle: Esta mañana me he recorrido todo el polígono en busca de un espejo convexo por si no llega el ojo de pez para mañana y todos los que encontré son irrompibles por lo que el precio se dispara: 60 cm más de 100 eurazos.

¿A alguien le suena haberlos visto en el carrefour, cadena 100 o en algún sitio? 30 o 40 cm sería lo ideal, los de interior también valdrían


Pablo

El UFOCapture este es una pasada  :gasp: :gasp: :gasp: :gasp:, estoy fedellando con el y es una gozada, estoy enganchado, no hay pájaro que se me escape  :rofl: :rofl: :rofl: :rofl: :rofl:.

salva

Cita de: Pablo en 16 de Noviembre de 2009, 15:28:52
estoy enganchado, no hay pájaro que se me escape  :rofl: :rofl: :rofl: :rofl: :rofl:.

        :yipi:  Pois a min, co máis cutre pero tamén efectivo HandiAvi non hai avión nin coche que se me escape. Mesmo teño detectado a un membro do Clube Vega que non paraba quieto... :rofl: :rofl: Si, a verdade é que estes programas enganchan 


Javier

Cita de: salva en 16 de Noviembre de 2009, 15:38:54
Mesmo teño detectado a un membro do Clube Vega que non paraba quieto... :rofl: :rofl:


... espero non ser eu. Mira que che mando a Ramoncin para pedir dereitos de imaxe  :rules:

DosiVeiga

Cita de: Pablo Canedo en 16 de Noviembre de 2009, 13:26:51
Cita de: Isod en 28 de Octubre de 2009, 21:01:43
Xa estaba desmontando un espello no supermercado da esquina para utilizar, e volta a cambiar de aparello. Se é que non vos decidides  :rofl:


Dosi! donde está ese supermercado?  :whistle: Esta mañana me he recorrido todo el polígono en busca de un espejo convexo por si no llega el ojo de pez para mañana y todos los que encontré son irrompibles por lo que el precio se dispara: 60 cm más de 100 eurazos.


Non teño nin idea do prezo dos trebellos. O que eu comentaba era un método máis barato, pero moi pouco correcto polo que non o recomendo en absoluto. En que tipo de comercios miraches?

Eu probaría en tendas de seguridade (extintores, alarmas e demais), que é onde vendes os espellos que se colocan en interior para controlar aos "manguis", e/ou tendas de material de sinais de tráfico.

Un saudiño.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

angelaros

16 de Noviembre de 2009, 16:37:16 #133 Ultima modificación: 16 de Noviembre de 2009, 16:38:57 por angelaros
Cita de: salva en 16 de Noviembre de 2009, 00:20:06

    Exacto. En dirección Lalín e apuntando a 100 km de altura sobre esa vila. O ángulo de elevación ao que tes que apuntar as cámaras podes calculado como = arco tanxente (100 km / distancia entre o teu posto e Lalín en km).  



Ola, e por que 100 Km sobre Lalín? É unha cantidade aproximada? porque entón e se o campo é suficientemente amplo non habería que andar con tanta precisión non? Quero dicir que se o fenómeno ocorre entre 60 e 100 Km (por poñer) o rango de alturas oscilaría bastante máis. Co teu exemplo de Fontefría entre 50 e 64 graos aproximadamente. Eses 14 graos sí que son importantes con respecto a un campo de 50 non?

Despois, por ser moi exquisito, ao millor poderíase ter en conta a diferenza de altitude xeográfica de cada posto con Lalín para calcular esas elevacións angulares, pero en calquera caso son diferenzas inferiores ao 1%.

Claro que as distancias rectas tamén son aproximadas. Eu fíxeno cun modelo plano, cun modelo de trigonometría esférica e co Google Earth (para ver as diferenzas nun caso práctico) e as diferenzas foron inferiores a 300 metros. Alguén sabe se o Google Earth calcula distancias tendo en conta a diferencia de altitudes (isto é, con verdadeiras xeodésicas pegadas á terra)?


Saúdos.

salva


Cita de: angelaros en 16 de Noviembre de 2009, 16:37:16

Ola, e por que 100 Km sobre Lalín? É unha cantidade aproximada? porque entón e se o campo é suficientemente amplo non habería que andar con tanta precisión non? Quero dicir que se o fenómeno ocorre entre 60 e 100 Km (por poñer) o rango de alturas oscilaría bastante máis.


        Ola! Si, é aproximada, non debe pasar gran cousa por apuntar un pouco máis arriba ou máis abaixo. O dato dos 100 km vén dun artigo de investigación publicado na revista de ciencias planetarias ICARUS por JM Trigo e outros autores, entre os que estaban varios astrónomos aficionados (JM Trigo et al. "2002 Leonid storm fluxes and related orbital elements" Icarus 171 (2004) 219-228). As 10 leónidas que puideron triangular nesa chuvia as estacións da SPMN correspondían a trazas cuxo comezo estaba entre 114 e 106 km de altura e o seu final entre 108 e 94 km de altura. Non estou seguro de que os mesmos parámetros poidan aplicarse á chuvia deste ano, pero semella unha aposta sensata.
        O importante, en todo caso, é que solapemos os campos das cámaras de varios postos, así que apuntando todos aprox a un mesmo punto da atmósfera témolo asegurado.