Pintaza ¡¡¡¡.
Noraboa polo traballo e... vémonos en Compostela 8)
By the way... Como quedaron libros da editorial Marcombo do AstroGalicia deste ano, antes de devolvelos á editorial levareinos comigo por se alguén quere adquirilos. Non é habitual que estean en moitas librarías. Hai de Meteoros, debuxo astronómico, estrelas dobres, execicios de astronomía e algún máis.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)
Únome aos parabéns de Pablo cara aos organizadores.
O CMON comezou forte, coa historia de Martin Pawley sobre o nacemento do cinema para a astronomíamoi interesante. Non se pode chegar tarde a estes sitios que te podes perder o mellor :666:
Unha boa experiencia de xestión de comunicación nas asociacións (nota mental para outros, está todo inventado, só fan falla gañas e currantes e, sobre todo, planificación da estratexia), inmersión matemática, espectacular as posibilidades das ocultacións para afeccionados, xente nova facendo cousas marabillosas divulgativas (pronto seredes fichados para outra), proxectos asados, proxectos agochados (que pouco a pouco van saíndo á luz) e proxctos futuros para seguir enleando.
Ah, e como creo que alguén non presente merece unha desculpa, onte de camiño ao CulturGal parei na praia de Cesantes e nada máis saír do coche atopei unha fermosa estampa da ponte de Rande (curiosamente sen as illas Cíes) coa illa de San Simón e por diante, medio mergullado, o monumento a #JulesVerne (era marea alta). Como non caben aquí as imaxes fixen un textiño no feisbuc dos www.ceosgalegos.com. Este é o Artigo no feisbuc :666:
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)
Pois súmome ás felicitacións! Grazas á organización por facer posible unha nova edición do CMON.
E agora a maza :mdr: Unha parte dunha resposta que ia a ser privada pero que me quentéi un pouco e a vou a deixar por aquí a ver se non me dades de paus:
...para nada, o debate pareceume moi interesante e necesario, aínda que debo recoñecer que no momento sí que me molestou un pouco o xiro que dou o formato das presentacións que ata ese instante se limitaba a exposicións breves con un par de preguntas posteriores, todo ben cronometrado e na de Óscar se abriu un debate acerca de como se invirten os cartos de todos no que para responder tiñamos que esperar turno de palabra. Debate que quedou inevitablemente vinculado ós proxectos que nos presentábamos. Que tamén é certo como puideches comprobar, que de momento, non había moito que presentar e por eso insistín moitísimo en non facela para este CMON.
Tamén me resulta curioso que non son capaz de recordar que este debate tivera lugar en proxectos similares previos, nin sequera cando se instalou un telescopio 4 veces máis caro que o que se planeaba instalar en A Veiga no centro de Lalín con un uso posterior (supoño) meramente decorativo.
Supoño entón que esto pode deberse a que hai unha empresa facéndose rica metendo movidas raras na cabeza de políticos ourensáns. Os que realmente nos coñecen a Óscar e a min xa poden deixar de ler aquí porque saben que esto non é certo, para os demáis, uns cuantos datos:
Trevinca Skies naceu para un único fin, un proxecto vello xa que leva máis de unha década na miña cabeza. Facer un conxunto de casetas/observatorios baixo o mellor ceo do País, no que varios afeccionados poidéramos compartir os elevados custes de electricidade, comunicacións e seguridade deste tipo de instalacións. Este é o seu único obxetivo, o resto dos servicios que prestamos son ''añadidos'' que inventamos co único fin de pagar os autónomos mentras o proxecto non sae adiante. Se reparedes un momento nos prezos que estimamos para o alquiler das prazas nas nosas futuras instalacións, vos percataredes de que son ridículos comparados con outros proxectos similares nacionais, e xa non digamos internacionais que poden supoñer ata 10 veces o noso prezo.
O formato empresarial da entidade que finalmente vai a levar adiante o proxecto, débese entre outras razóns de natureza similar, a que ninunha das persoas (salvo Óscar) ou agrupacións ás que se lle propuxo colaborar no proxecto ou incluso realizalo dentro do seu seno, ben por motivos económicos ou outros que descoñezo, o estimaron oportuno.
Nin Trevinca Skies, nin Óscar nin eu mesmo cobramos nunca un céntimo ata este ano 2017 que se lle facturaron ó concello 3 actividades dibulgativas (perseidas, eclipse e outra que non me lembro) o que seguramente representará un 1% de todas as que leva feito oscar alí for free.
Xa estou bastante acostumado a todo tipo de insinuacións acerca da nosa relación coas autoridades locais e provinciáis da zona e xa me resbala bastante todo eso. Ben é certo que despóis de anos de adicarlle moito tempo e cartos na nosa colaboración co concello de A Veiga, sí que escocen un pouco algúns comentarios (non falo dos vertidos no CMON)
E xa para rematar, igual nos deberíamos facer mirar que ante un proxecto tan (está mal que o diga eu, xa o sei) chulo como polo que está apostar A Veiga, as únicas preguntas, comentarios, aportacións que xurden sexan enfocadas hacia por qué alguén vai a gastar en ciencia e divulgación unha cantidade similar á que Vigo invertirá na iluminación de nadal. Se queredes abrimos outro tema e seguimos.