Gardádeme un sitio!
Gardádeme un sitio!
Ola:
No sitio onde imos a facer o Workshop hai unha limitación de espazo debido a que é un edificio público e ten un aforo determinado dependendo de se podemos usar o local en configuración estándar ou solicitar que nos movan os panéis lateráis
para ampliar se é necesario. Por iso pedimos que se confirme a asistencia, para ter unha estimación do número de asistentes e ter preparadas as sillas e o espazo dispoñible.
Para confirmar a asistencia só pedimos que nos enviedes un correo electrónico á dirección indicada, nada máis. Algúns de vos estades comunicando a asistencia a través deste foro, o que non me parece mal, pero non vos saca de enviar o correo, máis que nada por cuestións de organización.
Dado que acabo de ver que algúns tedes intención de asistir vos apuntarei na lista de asistentes pero non garantizo que esto sexa así sempre. E no futuro podería pasar que alguén diga por aquí "eu tamén vou" e sen embargo non quede apuntado. Por favor, enviáde un correo como establece a convocatoria :whip: . Eu vos enviarei unha confirmación como resposta. Para o restaurante non é preciso apuntarse dado que é un autoservizo (aínda que ten unha zona de restaurante se alguén o desexa).
Dispois desta pequena bronca, confirmarvos que aínda está aberto o prazo para solicitar presentacións, se alguén quere solicitar a presentación dalgún traballo que lle pareza interesante non ten máis que enviarme un correo (por favor, leede con calma a convocatoria para averiguar como). O prazo remata o 15 deste mes.
Saúdos.
R.
Ola a todos:
Este é o programa definitivo da VI edición do Workshop CMON. Moitas grazas a todos os relatores pola súa aportación e esperamos vervos en Santiago o día 2.
NOTA: aínda que xa pasou o prazo para apuntarse a asistir, se alguén cambiou de opinión e quere vir que me envíe un correo a rimarzoa at yahoo puntiño es. Xa sabedes,
polo tema do aforo e demáis.
Vémonos en Santiago.
Presentacións:
[10:45] Presentación do VI Workshop CMON.
[11:00] Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío)
Título: "Cinema e astronomía"
Resumen: Máis alá da ciencia ficción e "space-operas", son moitos os fíos dos que tirar para falar de cinema e astronomía.
Para empezar, o propio invento do cinematógrafo é fillo dun tránsito de Venus...
[11:30] Paula Neira Placer (Secretaria de la Agrupación Astronómica Ío)
Título: "¡Hola! ¡Estamos aquí!, XOXOXXXXOXXOXOX; o cómo comunicar desde asociaciones astronómicas"
Resumen: En esta charla se abordará el proceso que ha de seguir una asociación astronómica para poder comunicarse
con su entorno de una manera eficaz. Se hará referencia a algunas soluciones comunicativas que permiten
alcanzar los objetivos y audiencia más habituales de las asociaciones astronómicas.
[12:00] Víctor Tilve Rúa (Colectivo Calidade do Ceo Nocturno)
Título: "Contaminación luminosa: cada vez máis información, pero non menos contaminación"
Resumen: Escolma de temas relacionados coa contaminación luminosa: instrumentos e resultados de medicións,
traballos e bibliografía recentes, últimas novas sobre Calidade do Ceo Nocturno e outras cuestións.
[12:30] Descanso
[13:00] Jorge Gómez Crespo, José Ángel Docobo Durántez (Observatorio Ramón María Aller, USC)
Título: "Interferometría speckle de binarias no Byurakan Astrophysical Observatory"
Resumen: Descríbense os resultados das campañas de observación de binarias realizadas no BAO (Armenia)
mediante o uso da cámara EMCCD do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC acoplada ao telescopio
de 2.6m de dito Observatorio.
[13:30] José Ángel Docobo Durántez, Pedro Pablo Campo Díaz (Observatorio Ramón María Aller, USC)
Título: "Cálculo preciso de masas estelares e paralaxes a partires das órbitas de binarias espectro-interferométricas"
Resumen: O desdobramento de binarias espectroscópicas de dobre liña mediante técnicas de alta resolución
coma a interferometría speckle permite, a través das súas órbitas, diseñar un procedemento para obter
simultaneamente valores precisos tanto das masas individuais coma das paralaxes.
[14:00] Comida
[16:00] Hugo González, Luis Pérez, Ramón Iglesias
Título: "Observando ocultacións"
Resumen: O porqué e o cómo da observación de ocultacións. O grupo de observación de ocultacións que hai
establecido en Galicia. O que se está a facer: resultados positivos e negativos.
[16:30] Carmen Castro (Clube Vega)
Título: "Eclipse en familia"
Resumen: Actividad divulgativa duante el eclipse de Marzo de 2015. Disfrutando de la Astronomía con
los niños también durante el dia. ¿Qué hacer y que no hacer durante el eclipse?
[17:00] X. Dosi Veiga
Título: "Ceos Galegos - Calendario astrónimo 2018"
Resumen: Ceos Galegos é un produto comercial no que facemos divulgación científica so través
dun produto de consumo popular. No caso de que funcione, transformaremos o proxecto nun vehículo
viable e autosustentable para a comunicación social da ciencia. A edición deste ano foi posible
porque en Galicia temos fotógrafos do ceo que fan un traballo espectacular.
[17:30] Descanso
[18:00] José R. Gago
Título: "Scienceffect Space Program"
Resumen: Crónica del diseño y construcción de diferentes cohetes y simuladores aeroespaciales de forma
artesanal. La importancia de entender leyes físicas básicas y el espíritu de la carrera espacial.
[18:30] Ramón Iglesias Marzoa (CEFCA, ULL, Clube Vega)
Título: "A caracterización de Haumea mediante unha ocultación estelar"
Resumen: A técnica das ocultacións estelares permite obter información moi valiosa sobre obxetos do sistema solar.
Unha ocultación de Haumea, observada mediante unha colaboración pro-am, permite descubrir o tamaño real
de Haumea e o seu sistema de anéis.
[19:00] Oscar Blanco (Trevinca Skies)
Título: "Observatorios robotizados en Galicia. Una realidad"
Resumen: La provincia de Ourense contará en cuestión de meses con dos observatorios astronómicos que permitirán el trabajo en remoto y robotizado. Las posibilidades, proyectos y colaboraciones posibles son ahora un nuevo aliciente para la astronomía en Galicia. Trevinca Skies está detrás de estos dos proyectos y nos lo contarán de primera mano.
[19:30] Salva Bará (Facultade de Óptica, USC)
Título: "Avisos varios"
[19:45] REMATE