Compartir:
Avisos
Vaciar todo

VI edición do Workshop CMON

20 Respuestas
7 Usuarios
0 Me gustas
7,201 Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

=========================================================================================
                                    VI Workshop CMON
=========================================================================================

Un ano máis, retomamos a organización do que será o VI Workshop CMON, que será, como
é costume, no mes de decembro. Non haberá variacións con respecto ás anteriores convocatorias,
non sendo que temos aínda máis ganas de pasalo ben e falar de Astronomía e Ciencia en xeral, e
que o convocamos con bastante tempo para que vos poidades programar mellor.

Data: Sábado, 2 de decembro de 2017.
Lugar: edificio da Residencia Universitaria Monte da Condesa. Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago.

Obxetivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos
astronómicos en xeral.

Quen pode asistir: calqueira persoa que estea interesada, con independencia de se pertence ou non a
unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar a outros os
seus descubrimentos.

Programación:
----------------------------
10:45 Presentación do VI Workshop CMON.
11:00 a 12:30: presentacións varias.
12:30 a 13:00: descanso.
13:00 a 14:00: presentacións varias.
14:00 a 16:00: comida.
16:00 a 17:30: presentacións varias.
17:30 a 18:00: descanso.
18:00 a 20:00: presentacións varias.

Datas importantes:
--------------------
18 de outubro: "call for papers". Comezo do período para apuntarse (sí, é necesario apuntarse).
15 de novembro: data final do "call for papers". Data final para apuntarse.
20 de novembro: publicación do programa definitivo.
2 de decembro: WORKSHOP CMON ¡vémonos en Santiago!

É indispensable apuntarse para poder estimar o número de participantes do workshop. Para elo hai que enviar un correo co
nome e apelidos do asistente á dirección de correo electrónico de contacto.

"Call for papers".
Dende este momento facemos unha invitación a que presentedes os vosos traballos. O formato será en presentación
oral de 20 minutos máis 10 minutos para preguntas e debate. Dispoñeremos dun proxector de presentacións con
pantalla para que proxectedes o voso traballo.

A solicitude de presentación incluirá o título, o autor e un breve resumen (por favor, non máis dun par de liñas)
e enviaráse por correo electrónico á dirección de contacto ata a data final do "call for papers", cando se
elaborará o programa definitivo coas presentacións recibidas. De producirse sobrepetición de presentacións
a organización resérvase o dereito de seleccionar aquelas que considere máis interesantes pola súa novidade ou
interése.

Comida.
Pódese comer no Restaurante Monte da Condesa, no mesmo edificio do Campus Sur. Dispoñen dun "menú autoservicio"
que é o que usan habitualmente os estudantes da USC, de 2 pratos e postre (5,70 euros) ou un prato e postre
(medio menú, 4,70 euros) e de diversos pratos á carta. Non é necesario reservar con antelación.

O correo electrónico de contacto será:

rimarzoa (en) yahoo (punto) es

Un saúdo e vémonos o día 2.
Ramón.

19 respuestas
Respuestas: 1304
Noble Member
Registrado: hace 13 años

Eu confirmo asistencia, ainda que este ano libradesvos: non levo ningún traballo!!!!  :he: :he: :he:

Eso sí comentar, que o estudio que comencei a facer o ano pasado foi para min moi satisfactorio, nunca pensei que nun ano poidera chegar a tantas cousas, e eso que dende septembro estou practicamente parado. Saúdos.  :great: :great: :great:

Responder
Respuestas: 2392
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Alí estaremos, logho si porsupostofaltaríamáis  :na:

Responder
Respuestas: 1741
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Se nada se torce alí estarei.

Responder
Respuestas: 2392
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Aghora que o penso, non sei se para anotarse pra ir abonda con poñelo por aquí ou hai que mandar correo a RiMarzoa.  :ouch:

Responder
Página 1 / 4
Compartir: