=========================================================================================
V Wokshop CMON
=========================================================================================
Retomamos a vella tradición de facer os workshops CMON a fináis de ano para aproveitar
o mal tempo do inverno e vernos todos. Así que convocamos o V Workshop CMON (sí, o quinto)
para vernos todos aprender e pasalo ben.
Data: Sábado, 17 de decembro de 2016.
Lugar: edificio do Monte da Condesa. Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago.
Obxetivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos
astronómicos en xeral.
Quen pode asistir: calqueira persoa que estea interesada nos obxetivos anteriores, con independencia de
se pertence ou non a unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar
a outros os seus descubrimentos.
Programa (provisional):
----------------------------
11:30 a 12:30: presentacións varias.
12:30 a 13:00: descanso.
13:00 a 14:00: presentacións varias.
14:00 a 16:00: comida.
16:00 a 17:00: presentacións varias.
17:00 a 17:30: descanso.
17:30 a 18:30: presentacións varias.
Calendario:
--------------
20 de novembro: "call for papers".
9 de decembro: data final do "call for papers". Data final para apuntarse.
12 de decembro: publicación do programa definitivo.
17 de decembro: ¡vémonos en Santiago!
É moi recomendable apuntarse para poder estimar o número de participantes do workshop.
"Call for papers".
Dende este momento facemos unha invitación a que presentedes os vosos traballos. O formato será en presentación
oral de 20 minutos máis 10 minutos para preguntas e debate. Dispoñeremos dun proxector de presentacións con
pantalla para que proxectedes o voso traballo.
A solicitude de presentación incluirá o título, o autor e un breve resumen (por favor, non máis dun par de liñas)
e enviaráse por correo electrónico á dirección de contacto ata a data final do "call for papers", cando se
elaborará o programa definitivo coas presentacións recibidas.
Comida.
Pódese comer no Restaurante Monte da Condesa, no mesmo edificio do Campus Sur. Dispoñen dun "menú autoservicio"
que é o que usan habitualmente os estudantes da USC, de 2 pratos e postre (5,70 euros) ou un prato e postre
(medio menú, 4,70 euros) e de diversos pratos á carta. Non é necesario reservar con antelación.
O correo electrónico de contacto será:
rimarzoa (en) yahoo (punto) es
Un saúdo e vémonos o día 17.
Ramón.