Ola a todos:
De novo chamamos a atención sobre unha posible ocultación por obxetos transneptunianos (TNO). Josselin Desmars, do observatorio de París, avisa de que na tardiña do 28 de xullo podería producirse unha ocultación dunha estrela de magnitude G=12.6 polo TNO chamado 2002 MS4. Esta previsión é algo incerta e a banda de ocultación pasa, a priori, polo N de Europa, pero dado que a incerteza é duns 2000 km, e a estrela é bastante brillante, merece a pena botarlle un ollo e cruzar os dedos. A ocultación produciráse aproximandamente ás 21:00 TU cunha incerteza duns 110 segundos (1 sigma), pero solicítase observar entre as 20:45 e as 21:15 TU para máis seguridade. Este horario coincide no crepúsculo e penalizará os observadores do N de Europa, pero non será un inconveniente para as nosas latitudes.
A estrela chámase UCAC4-416-082208 (Gaia mag 12.5), e as súas coordenadas son estas:
RA J2000 (h m s): 18 35 23.4127
DEC J2000 (° ' ") : -06 53 33.575
Tedes a información completa na páxina do proxecto Lucky Star do Observatorio de París, incluíndo cartas de locaclización, etc...:
Coma sempre, as condicións de observación son as típicas de outros fenómenos deste tipo: non usar filtros, usar binning e ventanas na CCD (subframes) e apuntar con tempo para identificar o campo estelar. E asegirarse de que a referencia de tempo é a correcta.
Déixovos aquí un mapa cos últimos datos que se teñen sobre esta ocultación (e unha carta de localización da estrela de 20'x20').
Saúdos.
R.