Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ocultacións interesantes para o mes de Xaneiro en Galicia.

4 Respuestas
3 Usuarios
0 Reactions
1,838 Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

Ola a todos:
Indícovos algunhas ocultacións de estrelas por asteroides que se poderán ver dende o noso recuncho atlántico (se o tempo o permite):

:gasp:-noite do 13 de xaneiro: ocultación dunha estrela de magnitude 11.4 por 1952-Hesburgh. A banda de ocultación cruza Galicia de lado a lado. Cruza a península entrando por Valencia:

:gasp:-noite do 14 de xaneiro: ocultación dunha estrela de magnitude 10.9 por 88-Thisbe. Esta é a ocultación soñada por todos nós, estrela de brillo aceptable, ben situada no ceo e ocultación segura en toda Galicia:
http://asteroidoccultation.com/2016_01/0114_88_36248.htm

-noite do 16 de xaneiro: ocultación dunha estrela de magnitude 10.2 por 2001 QE91. Esta predicción é bastante imprecisa e abarca toda a península ibérica pero podería tocarnos a nós:
http://asteroidoccultation.com/2016_01/0116_34746_36262.htm

-noite do 21 de xaneiro: ocultación dunha estrela de magnitude 11.2 por 332-Siri. É visible dende as provincias de Lugo e parte da Coruña:
http://asteroidoccultation.com/2016_01/0122_332_36294.htm

:gasp:-noite do 30 de xaneiro: ocultación dunha estrela de magnitude 11.3 por 252-Clementina. Visible dende toda Galicia e o Norte da península ibérica:
http://asteroidoccultation.com/2016_01/0130_252_36327.htm

Saúdos.

3 respuestas
Respuestas: 1741
Noble Member
Registrado: hace 17 años

Mágoa de tren de borrascas que imos perder as ocultacións e ata o "Catalina"  :'( :'( :'( :'(

Responder
Respuestas: 300
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

A segunda é realmente golosa. Ademais a unha hora cómoda.
Saludos

Responder
Respuestas: 300
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

Ocultación de TYC 2304-00268-1 negativa desde Allariz.
Casualmente, na hora prevista da ocultación un objeto (supoño que un satélite) pasou casi por diante da estrella
Fotometría con 0.5seg de exp:


]

Responder
Compartir: