Ola:
Envíovos información sobre un par de ocultacións interesantes que haberá dend hoxe ata final do mes de xullo:
-noite do 19 de xuño:
Estrela de magnitude 11.0 por 736-Harvard:
http://ocultacions.astrosabadell.org/IBEROC/20160620_036795_summary.html
A caída de magnitude será de 2.7 mags. A estrela estará a uns 30º de altura sobre o horizonte S e a dificultade virá do feito de que a Lúa atópase chea a 17º de distancia da estrela, o que aumentará o fondo de ceo nesa zona do ceo.
-noite do 23 de xuño (sí, a das cacharelas de San Xoán):
Estrela de magnitude 11.5 por 1291-Phryne:
http://ocultacions.astrosabadell.org/IBEROC/20160624_152235_summary.html
Esta estrela é algo máis débil aínda que a lúa terá menos influencia, estará máis lonxe e menos chea.
Ambas ocultacións favorecen ós observadores no N de Galicia (A Coruña e Lugo) aínda que a banda de incerteza é bastante ancha.
En xullo temos as dúas ocultacións máis interesantes. Ambas figuran no Call for Observations da IOTA-ES:
-noite do 21 de xullo:
Estrela de magnitude 11.7 por 466-Tisiphone:
http://asteroidoccultation.com/2016_07/0722_466_36887.htm
Nesta última ligazón vése que a banda de ocultacion pasa moi preto da costa W da provincia da Coruña (Costa da Morte) pero a incerteza podería facer que se desprazara cara o interior chegando incluso a Santiago e comarca. A ocultación produciráse preto do crepúsculo matutino pero non será un problema.
-noite do 30 de xullo (ESTA É A BOA :great:):
Estrela de magnitude 10.7 por 24-Themis:
http://asteroidoccultation.com/2016_07/0731_24_36911.htm
Estrela moderadamente brillante, que será ocultada nunha banda que afecta ó NW da península ibérica. En Galicia afecta sobre todo á provincia de Ourense pero a franxa de incerteza abarca todo o territorio de xeito que existen posibilidades de que a ocultación real se poida observar dende calquera ubicación.
Un saúdo.