Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ocultacións interesantes para as vindeiras semanas.

9 Respuestas
3 Usuarios
0 Me gustas
2,671 Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola a todos:
Aquí vos deixo unhas ocultacións interesantes para os vindeiros días e semanas:

:yipi:-noite do 13 de setembro:
Estrela de magnitude 10.3 por 372-Palma:

Esta é a mellor ocultación en moito tempo. A estrela é brillante, a unha altura razonable e a predicción é moi precisa e segura en toda Galicia e gran parte do N peninsular. O único inconvinte é que está a uns ~20º da lúa, que estará moi crecida. A ocultación ideal en moitos aspectos.

-noite do 15 de setembro:
Estrela de magnitude 11.2 por 1093-Freda:

Afecta sobre todo ó E de Galicia e Asturias, ainda que con sorte podería chegar ata Ourense city.

:yipi:-noite do 23 de setembro:
Estrela de magnitude  11.3 por 45-Eugenia:


http://fredvachier.free.fr/binaries/occult/2016/2016-09-24_01h01m18s_45_Eugenia/

Esta ocultación é importante porque o asteroide é binario e podería producirse unha dobre ocultación con poucos segundos de diferencia. A banda de ocultación ten algunha incerteza pero é case seguro que afecte, polo menos, a Coruña e Lugo. Podería ser que tamén afectara a case toda Galicia pero non é seguro.

Saúdos.

8 respuestas
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 14 años

Éstas parecen  mais sinxelas que a de Plutón. Anotamos na axenda a ver si pode ser.

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 14 años

Nublado na primeira e a misma pinta ten a desta noite. A ver si fai millor tempo o 24.

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

ATENCIÓN

Debido á publicación da release 1 do catálogo astrométrico de Gaia este día 14, actualizáronse as prediccións das ocultacións das vindeiras datas. Supónse que a precisión das novas prediccións é algo maior pero aínda hai que ter en conta que hai incertezas, a veces grandes, nas órbitas dos asteroides. A consecuencia desto, actualizouse a predicción para a seguinte ocultación:

Estrela de magnitude  11.3 por 45-Eugenia:

http://fredvachier.free.fr/binaries/occult/2016/2016-09-24_01h01m06s_45_Eugenia/
http://asteroidoccultation.com/2016_09/0924_45_37063.htm

A banda de ocultación desprazouse lixeiramente ó N de xeito que afecta ás provincias da Coruña e Lugo. Atentos á sombra do satélite Petit Prince que tamén pasa por ahí. As observacións negativas tamén son importantes neste caso.
Saúdos.

Responder
Respuestas: 300
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Hoxe despexado. A ver si pillamos a de 45 Eugenia
Xa se pode acceder a datos de Gaia?

Responder
Página 1 / 2
Compartir: