Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ocultación polo TNO Haumea na noite do 20 de xaneiro.

3 Respuestas
2 Usuarios
0 Me gustas
1,510 Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola a todos:
Volvemos á carga cunha ocultación do TNO Haumea para a noite do 20 de xaneiro. Esta ocultación é importante porque nunca se rexistrou unha ocultación por este pedrusco. A ocultación predí que pasará por enriba de Europa pero hai algo de incerteza e podería desprazarse. Ademáis, para facer a cousa máis intersante, este TNO ten dous bichos que o acompañan, é dicir, ten satélites, que tamén poderían producir ocultacións. Como non todo ía ser fácil, pois a estrela a ocultar é de magniutde 17,7 na banda V. Vamos, que nos deixará deslumbrados. A ocultación é longa e pódense facer integracións de ata 10-15 s. Debido ós satélites, hai que observar, polo menos, dende media hora antes ata media hora despois do instante predito de ocultación, que é máis ou menos ás 03:10 TU.
Aquí vos deixo a ligazón á predicción de F. Vachier:
http://fredvachier.free.fr/binaries/occult/2017/2017-01-21_03h08m35s_136108_Haumea/
Para obter unha carta de localización da estrela, nesa páxina podedes pinchar na ligazón que pon "Aladin".
Saúdos.

2 respuestas
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 14 años

Xa vira o anuncio na lista de Planoccult e tiña pensado subir hoxe para facer unha proba a unha hora mais prudente a ver ata onde se chega  con ises tempos  de exposición.

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 14 años

Feita a proba, para min vai ser imposible. Nin con 25" chego a esa magnitude.

Responder
Compartir: