Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ocultación polo asteroide 491 Carina na noite do 5 de Setembro.

4 Respuestas
2 Usuarios
0 Me gustas
1,721 Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola a todos:
Infórmovos da ocultación dunha estrela de magnitude 11.5 polo asteroide 491 Carina ás 02:53TU do 6 de Setembro (noite do 5). Dado que a estrela é relativamente brillante pódense usar as cámaras Watec que temos collendo piolla por ahí adiante.  😉
A caída de magnitude estímase en 3.1 magnitudes e unha duración de 4.8 segundos. Aínda que a Lúa estará chea a estrela está separada dela e non debería dar problemas. A franxa de ocultación cubre case toda Galicia e a predicción é bastante fiable, con máis dun 99% de fiabilidade na liña central. As únicas zonas que quedan fora da banda de ocultación son a zona de Ortegal e a costa de Lugo.

Podedes descargar a predicción e os campos de identificación da estrela dende a páxina web de Steve Preston:
http://asteroidoccultation.com/2017_09/0906_491_51468.htm

Esta ocultación tamén figura na web "IOTA-ES : Call for Observations":
http://call4obs.iota-es.de/

Saúdos.
R.

3 respuestas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola:
Só para recordarvos que na noite deste martes hai esta ocultación por Carina. A predicción de MeteoGalicia non é moi boa pero hai opcións de observala.
Sorte.

Responder
Respuestas: 300
Reputable Member
Registrado: hace 14 años
Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Noraboa polo resultado. Dende Ames non fun quen de observar a ocultación, estivo cuberto toda a noite.
Saúdos.

Responder
Compartir: