Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Fenómenos mútuos de Kalliope

6 Respuestas
4 Usuarios
0 Me gustas
2,211 Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola a todos:

Este post vai dirixido a todos aqueles que tedes unha cámara CCD, incluso unha DSLR, e vos apetece facer unha colaboración Pro-Am obtendo
datos científicos de utilidade.

-¿De que se trata?
Trátase de facer fotometría CCD (ou DSLR) dun Asteroide chamado 22-Kalliope. Este é un asteroide binario, é dicir, son dous asteroides orbitando
mútuamente. Cando a órbita se pon de perfil con respecto á liña que une o asteroide coa Terra prodúcense eclipses e ocultacións dun corpo por
outro, é o que se chaman fenómenos mútuos.
Hai outros asteroides que tamén os teñen, pero, ou son máis débiles, ou os fenómenos mútuos non son tan marcados como en Kalliope.
Dentro de pouco empezarán a producirse fenómenos mútuos entre os dous compoñentes de Kalliope, que
se poden observar facendo fotometría do asteroide.

-¿Cando se fai?
As datas nas que se producen estes eclipses e ocultacións veñen dadas na páxina persoal de Frederic Vachier
(do IMCEE, Institut de mécanique céleste et de calcul des éphémérides, de París) que é:
http://fredvachier.free.fr/binaries/phemu.php

Na ligazón "Complete list for next 2 years" tedes unha táboa cos fenómenos mútuos para varios asteroides binarios coas datas e horas
estimadas dos fenómenos.

-¿Como se fai?
Na lista anterior seleccionei Kalliope porque é o máis brillante e porque os fenómenos son apreciables. Recomendo seleccionar fenómenos
con máis de 0.1 mag de profundidade, sobre todo se non fixéchedes nunca antes fotometría. Pero se xa sabedes facela e tedes un telescopio
algo grande cunha boa montura podedes probar con outros pedruscos máis débiles. Hai outro, 617-Patroclus que chega a telos de 0.3 mags
pero é unha pedra de magnitude 15,5...bastante débil.

Hai que apuntar ó asteroide obtendo as coordenadas para cada noite a partir da posición do asteroide, por exemplo, da páxina Horizons
da NASA:
http://ssd.jpl.nasa.gov/horizons.cgi

ou do MPC:
http://www.minorplanetcenter.net/iau/MPEph/MPEph.html

O asteroide móvese un pouco cada noite así que hai que seleecionar unha estrela de comparación que estea no campo do instrumento
durante o tempo que dure a observación.
Convén empezar a observar antes da hora predita para obter o nivel base de magnitude e por se o suceso se adianta. Tamén convén continuar
dispois da hora predita para obter no nivel base no outro lado e por se hai un retraso. Decatádevos de que as efemérides destes asteroides
son aproximadas e están sometidas a moitas perturbacións (polo Sol, polos planetas, polo feito de que non serán esféricos, etc...)
Esto implica que para observar un destes fenómenos mútuos posiblemente haxa que estar 4-6 h de observación "on target". Dado que algúns destes
fenómenos son longos, de máis de unha hora, non pasa nada se alongamos un pouco o tempo de integración para mellorar o sinal do asteroide.
Pero en ningún caso podemos facer que sature ou coller unha estrela de comparación que estea saturada ou preto de saturar.

Por suposto, imos a medir os tempos de comezo, centro de eclipse e saída, polo que a sincroización de tempos é fundamental. O ideal é ter
sincronización GPS pero tamén vale por NTP (Dimension 4 para Win, por exemplo).

-¿Dende onde se fai?
Dende calquera sitio dende onde se vexa o asteroide, sea na cidade ou no nun sitio máis escuro. Iso sí, hai que ter montura con seguimento.

-¿Mais info?
Na páxina:
http://www.imcce.fr/langues/en/observateur/campagnes_obs/phemu15/index.html

Tedes información para observar os fenómenos mútuos dos satélites de Xúpiter (pinchade nos pdf que teñen todas as gráficas).
Obviamente son máis brillantes que os de Kalliope, pero tamén son máis rápidos (a veces duran poucos minutos). Ahí tedes consellos
sobre o que facer e como observar e curvas de luz de exemplo.

Unha última cousa, nos fenómenos mútuos de Xúpiter recoméndase usar filtros para reducir o brillo do planeta. Esto non importa porque
os satélites de Xúpiter son brillates. Pero no caso de Kalliope non é recomendable usalos porque imos a desperdiciar luz e o asteroide xa
é feble dabondo. Así que, observar sen filtros.

Saúdos.

5 respuestas
Respuestas: 300
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Haberá que intentalo...

Con eclipse refirese a ocultación completa?

saludos

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola:
Pois non estou moi seguro. Realmente eclipses e ocultación son o mesmo, a diferencia refírese ó tamaño aparente relativo entre os dous corpos. Normalmente as ocultacions correspóndense con eclipses totáis cando o corpo tapado ten un tamaño aparente moito máis pequeno que o corpo "tapante". Así que creo que neste caso refírese a un eclipse cando hai unha superposición parcial dun compoñente do asteroide sobre outro, e ocultación refírese ó que sería un eclipse total, cando un obxeto tapa totalmente a outro. Pero é curioso que os nombren así.
Saúdos.

Responder
Alecksei
Respuestas: 547
Honorable Member
Registrado: hace 14 años

Imagino que lo mas sencillo sería usar Astrometrica + Focas. Ahora mismo lo estoy usando para cometas, pero me parece interesante el trabajo, si se pone a tiro hago una multiexp el martes o miercoles en cuanto despeje. Es el numero 22 no? entonces estará muy sencillo de sacar.

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 14 años

As ocultacions de Kalliope non empezan ata o día 10 do mes que ven. E, polo que vexo, a que mais dura anda polas dúas horas e media.
http://fredvachier.free.fr/binaries/phemu/EventCompleteSorted.txt

Responder
Página 1 / 2
Compartir: