APOD da NASA: en ga...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

APOD da NASA: en galego!!

5 Respuestas
4 Usuarios
0 Me gustas
9,592 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Pois xa está aquí, un dos primeiros contidos dinámicos e actualizados diariamente que, pronto, serán incorporados ao portal www.astrogalicia.org. O APOD - Astronomical Picture Of the Day non vou explicar o que é, que todos o saberedes. Vale, para os máis despistados:
- Unha foto astronómica diaria.
- Un texto explicativo por un astrónomo profesional.
- Un servizo da NASA.
- Na web desde 1995 (si, xa había web daquela  :intello:).
- Traducido a case 20 idiomas.
- Hai uns anos, inseriron un foro que, entre outras cousas, permite comentar a foto de cada día. E, seguro, que á vista do modelo da versión española que anos antes permitía os comentarios en modo blog (algún día chegouse a máis de 100 comentarios).

Algúns de vós sabedes que levaba varios anos colaborando coa tradución ao castelán pero recentes diverxencias co se administrador, seguidas dunha conversión radical nunha web que é un enorme monstro consumidor de recursos e trufada de publicidade, leváronme a deixar o proxecto. Tras darlle voltas, decidín (ou decidimos) que podía haber oco para unha versión en galego máis fiel ao espírito do APOD orixinal: de liñas simples e aspecto espartano. Pero cun pequeno verniz de web 2.0. Na mesma liña que outras versións do APOD, permítense os comentarios en cada foto diaria, por exemplo. Tampouco quería facer a guerra á versión en castelán cunha web en paralelo e máis simple.

Polo momento está algo verde:
- falta un sistema de sindicación de contidos RSS (que permita inserir facilmente o bloque do APOD en calquera portal, como os das asociacións e o de AstroGalicia),
- evidentemente, aínda non ten comentarios con opinións, ou preguntas, ou dúbidas, ou temas paralelos...
- algún aspecto puntual da web será mellorable nos próximos días, con servizos engadidos.

Pero, seguro, seguro:
- que estará dispoñible a diario, puntualmente, durante o vindeiro ano (periodo de proba para que vaian aparecendo axudantes)
- servirá para darlle dinamismo á web de AstroGalicia e a quen queira metela na súa web. Hai toda unha comunidade de bloggers galegos que seguro meten o RSS no seu blog, o que nos permitirá que todo o interesado na astronomía que viva en Galicia se achegue ao portal www.astrogalicia.org.
- creo que é un recurso educativo moi chulo para ofrecerlle aos centros de ensino e cando deamos cursos ou fagamos observacións na rúa.

Así que xa sabedes:
- APOD orixinal (apod.nasa.gov/apod). Se sabedes algo de inglés, evidentemente, é o máis recomendable.
- En castelán: www. observatorio.info
- En galego: www.apodgalego.com ou www.astrogalicia.org/apod/

Ah, e tamén en catalán, alemán, árabe...

E, por suposto, está aberta a todo tipo de colaboracións (agás monetarias): traducir de vez en cando, corrección de faltas de ortografía, facer comentarios, responder comentarios, melloras na funcionalidade... e que a compartades no Feisbuk, twitter ou rede favorita  :rules:

4 respuestas
Pablo Canedo
Respuestas: 1822
Admin
Noble Member
Registrado: hace 17 años

E eu que che iba a poñer un donate me debaixo do nick... :666: Vaia currelo che espera, sí señor. Avisa cando queiras ir de vacacións.

E déixocho por aquí que nunca se sabe...

Responder
Respuestas: 1037
 RICK
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Que pasada!!! Y es que el Dosi no deja de sorprenderme.... Catalán, Alemán, Arabe  :mdr:

Responder
Alecksei
Respuestas: 547
Honorable Member
Registrado: hace 15 años

Por non falar do chines e o suajiri.... :na:  :rofl:

Responder
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Que pasada!!! Y es que el Dosi no deja de sorprenderme.... Catalán, Alemán, Arabe  :mdr:

Vaia, que mal me expreso  :drunk: Eu só colaborei coa versión española 3-4 anos. O resto son exemplos de versións que hai  :whip: Ou eu escribo moi mal, ou estas lendo sen os lentes, ou debes revisar a medicación  :rofl: :rofl:

E eu que che iba a poñer un donate me debaixo do nick... :666: Vaia currelo che espera, sí señor. Avisa cando queiras ir de vacacións.

8)

Dez minutos día. Nada comparado cos temas informáticos aos que te enfrontas ti ás veces. E iso que agora o tema é moi manual. Cando teña algún programador de man que me automatice algunha cousa (corrixir ligazóns, engadir pés...) aforrarei uns minutiños. Ademais, algún día pode adiantarse o traballo de varios días.

O problema é cando os mozos do APOD cambian a foto no último momento, e a versión inglesa e a traducida son diferentes  😳

Responder
Compartir: