Boas.
Á vista do encontro organizado en Santiago este 16 de novembro, este menda vai ir seguro. Así que, se hai xente que se anime a compartir coche, ofrezo o meu. Así, según sexamos máis ou menos levo de 5 ou de 8 prazas, compartindo custes de gasofa e peaxe. Que os tempos son os que son.
Saída desde Ourense sobre as 9:00 A.M., lugar a determinar. Volta a Ourense á terminación do evento. Contestade a este fío, enviade privado ou correo electrónico. O venres 15 confirmamos lugar de saída.
Saúde.