Preséntase, con act...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Preséntase, con actividades na rúa, Asociación de divulgación científica.

2 Respuestas
2 Usuarios
0 Reactions
895 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 16 años

O nome completo, que no asunto desta mensaxe non me cabía, é AGC-CCT ou Asociación Galega de Comunicación e Cultura Científica e Tecnolóxica. Quizais co dominio da web sexa máis sinxelo de lembrar: www.divulgaccion.org

O caso é que, constituída formalmente en Santiago de Compostela hai cousa dun ano, fai este sábado, 18 de febreiro (si, xa sei que tiña que ter avisado antes  :whip:), na cidade de Ourense coa actividade Primeiro Punto Científico. Trátase de dúas horiñas de obradoiros na rúa, actividades e pequenas comunicacións orais por algúns dos divulgadores de ciencia con máis sona do país, creo eu. Non todos, iso si, que tamén a min me tocou facer algo  :intello:

Neste caso, o ámbito astronómico está ben representado, con dúas persoas deste foro. Hai algún máis que é socio da asociación pero, de agora en diante, para asociarse será máis sinxelo. A asociación xa conta con web (aínda en borrador), e xa hai argallado sistema de admisión. Así que animádevos a:

  • Asistir ás actividades que se vaian convocando periodicamante.
  • Colaborar á divulgación destas actividades (amigádevos no feisbuc, por exemplo, os que teñades).
  • Aos que vos mole a divulgación ou a comunicación da ciencia, animádevos a inscribirvos.
  • ...

Saudiños.

1 respuesta
Respuestas: 139
Estimable Member
Registrado: hace 16 años

Ali estarei

Responder
Compartir: