Ocultacións planeta...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ocultacións planetarias...

3 Respuestas
2 Usuarios
0 Reactions
1,130 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 16 años

O das ocultacións de planetas ou similares por estrelas ha de ser un dos métodos máis vellos para descubrir cousas doutros mundos. Non si? Na miña última colaboración onde xa sabedes, apareceron en varias novas:

- A ocultación por parte de Eris dunha estrela afastada permitiu medir o seu diámetro, similar ao de Plutón. Curiosamente, agora sabemos mellor o tamaño de Eris que o de Plutón, a pesares de estar tres veces máis lonxe do Sol. Por que? Por que a lene atmosfera de Plutón impide empregar con el este método. No proxecto chegouse a contactar con observatorios de astrónomos afeccionados, ata que a traxectoria restrinxiu a franxa de visibilidade ao norte de Chile. Por certo, se a alguén lle parece complicada a ligazón do tema, tamén hai versión infantil (en inglés, iso si).  :na:

- A Venus Express descobre unha capa de ozono ao redor de Venus, observándoo ao seu través estrelas afastadas. Este método xa o empregaron diversas naves interplanetarias coa Terra, observala desde o lonxe para tratar de coñecer que pistas poden indicar, desde o exterior, a existencia de vida nun planeta (deixemos de lado polo momento o de intelixente) ollando o único que coñecemos que a ten.

- A sonda Cassini que agora está a orbitar a Saturno e os seus arredores, contaba con ollar a Enceladus e, ao través dos seus penachos de vapor, a ocultación de dúas estrelas do cinto de Orión. Ao final, parece que o tema tivo éxito. A ver se proximamente nos contan o que averiguaran.

Creo que en tempos se falou por aquí do tema de ocultacións. Senón lembro mal, o Camilo comentaba alguna experiencia coa Lúa e o paso da mesma por diante de diferentes estrelas. Historicamente, se non lembro mal, tratábase de perfilar a orografía lunar con estes pasos.

2 respuestas
Respuestas: 157
Estimable Member
Registrado: hace 13 años

Este método xa o empregaron diversas naves interplanetarias coa Terra, observala desde o lonxe para tratar de coñecer que pistas poden indicar, desde o exterior, a existencia de vida nun planeta (deixemos de lado polo momento o de intelixente) ollando o único que coñecemos que a ten.

Te recuerdo, Dosi, el famoso aforismo de los Monty Python, en el que nos recordaban:

"Ignoramos si hay vida inteligente más allá de la Tierra, pero lo que sí está claro es que aquí, hasta el momento, no se ha dado ningún caso" :rofl:

Saludos.

Responder
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 16 años

No Blog de Francis The Mule aparecen unhas gráficas moi clariñas sobre os resultados das ocultacións para Eris.

Creo que así se fai máis clara a potencia deste métod.

Responder
Compartir: