Ola:
As novas son un pouco diferentes entre sí, dependendo da cantidade de materia acumulada, da masa da enana branca e un montón de outros factores, algúns dos que non se coñecen demasiado ben. O normal é que aparezan as liñas do hidróxeno debido a que o material que sáe da estrela doadora (que é unha estrela de secuencia principal habitualmente) e se deposita na superficie da enana branca é H na súa maior parte. Ademáis o espectro vai evolucionando a medida que pasa o tempo, de forma que o que se ve normalmente é esto:
-no máximo o espectro parécese ó dunha estrela de secuencia principal de tipos A a F coas liñas en absorción.
-dispois do máximo sóen aparecer liñas de emisión ancheadas polo efecto Doppler debido ó material que se está a expandir rápidamente.
-cando a luminosidade baixa o suficiente empezan a aparecer no espectro liñas espectráis "prohibidas" debido a que o gas se espalla moito e a densidade baixa, e son similares ós espectros dalgunhas nebulosas iluminadas por estrelas brillantes, esto é o que se chama a fase nebular da nova.
-cando están no mínimo os espectros das novas parécense os das estrelas Wolf-Rayet, que son extremadamente quentes.
Así que probablemente o que estás rexistrando é o espectro da nova no máximo por eso ves as liñas do H tan claramente. Poderías probar a sacar espectros os próximos días para ver como evoluciona pero a medida que se vaia facendo máis débil será máis difícil rexistrar espectros.
Un saúdo.