Medidas brillo do c...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Medidas brillo do ceo: Rede MeteoGalicia-USC

10 Respuestas
4 Usuarios
0 Me gustas
2,973 Visitas
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 15 años

  :great:  Con istes datos, confírmase a calidade do ceo de Xares (24.4 de máxima escuridade o día 2 de Xullo!!). ¿Hai algunha estación prevista para o interior de Pontevedra?

Responder
salva
Respuestas: 489
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

  :great:  Con istes datos, confírmase a calidade do ceo de Xares (...)

    Ola Hugo! Si, Xares ten un ceo excepcional. Hai tamén outros lugares que están dando rexistros moi bos (p.ex. O Cebreiro, e Lardeira antes de que quedase fóra de servizo temporalmente). A partir de 21.4  mag/arcsec^2 son xa ceos moi escuros (é o umbral requirido para as Reservas Starlight) e Xares sobrepasa ese valor con facilidade. Porén, algúns valores moi altos da mag/arcsec^2 poden non corresponder ao brillo do ceo en si, senón ao da base das nubes en noites de ceo totalmente cuberto, sen Lúa e lonxe de núcleos de poboación. Neses casos alcánzanse os límites dos detectores e en caso de coincidir con ruído eléctrico (p.ex. lóstregos) poden dar medidas puntuais moi altas: iso pode fíltrarse descargando os datos dezminutais da noite e vendo se hai saltos nas gráficas. O 2 de xullo a Lúa estaba en crecente duns catro días e en Xares estivo anubrado e con algunha chuvia.

    Esta primeira fase da rede centrouse en zonas urbanas ou periurbanas de elevada emisión de luz (todo o corredor atlántico) e nas zonas escuras das montañas orientais. Hai 6 detectores en cada unha destas rexións. Gustarianos cubrir tamén a zona central (interior de Pontevedra, Guitiriz...) e estamos á procura de financiamento para mercar os equipos.

    Apertas,
    s.

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 15 años

Vendo os datos dezminutais, o valor de 24.41 e as 00:10 e, a esa hora, o valor da choiva e 0.00 e a lua non debería notarse moito porque estaba casi poñéndose e o 18%. Non vexo ningún parámetro para o das nubes así que supoño que non hai ningún sensor e entendo entón que con ises datos e as condicions en cada intre faredes modelos e traballo de cociña para obter valores normalizados.
Xa nos irás contando mais cousas e os resultados pero solo unha curiosidade: Co que levades feito, ¿e posible saber, por exemplo para Xares, o valor de escuridade máximo na que sería unha noite óptima?.

Responder
salva
Respuestas: 489
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

    Ola Hugo,

    Desculpa a tardanza en responder, estivemos estes días nunha campaña de intercomparación de sensores de contaminación lumínica nas montañas de Ávila. A cobertura de rede era mala pero iso si, os ceos preciosos  8) : na comarca de Gredos Norte, unha das zonas con certificado de 'destino turístico Starlight': http://turismogredosnorte.com/grupos-de-trabajo/cielo-oscuro

Vendo os datos dezminutais, o valor de 24.41 e as 00:10 e, a esa hora, o valor da choiva e 0.00 e a lua non debería notarse moito porque estaba casi poñéndose e o 18%. Non vexo ningún parámetro para o das nubes así que supoño que non hai ningún sensor e entendo entón que con ises datos e as condicions en cada intre faredes modelos e traballo de cociña para obter valores normalizados.

    Si, efectivamente, temos que procesar os datos tendo en conta a información meteorolóxica dispoñible de cada estación, que varía dunhas a outras. O sensor de Xares instalouse moi recentemente e de cando en vez está dando valores de escuridade excesivamente elevados, polo que teremos que revisar sobre o terreo que sucede. Valores por enriba de 22 mag/arcsec^2 non son esperables en ceos despexados naturais, e poden deberse a cuberta de nubes en noites sen Lúa, obstrucións accidentais da ventana óptica do sensor, ruido de lectura debido a interferencias eléctricas ou mala corrección interna debida a que a temperatura do sensor se atope fóra das marxes de seguridade para o seu funcionamento.

Xa nos irás contando mais cousas e os resultados pero solo unha curiosidade: Co que levades feito, ¿e posible saber, por exemplo para Xares, o valor de escuridade máximo na que sería unha noite óptima?.

    Xares instalouse a comezos de maio e todavía non temos estatística dabondo como para responder a esa pregunta (necesitamos acumular máis datos de noites despexadas e sen Lúa). Pero o sensor está tomando medidas continuamente, así que é cousa de poucas Lúas saber cales son os valores máximo e típico de escuridade nunha noite óptima.

    Aproveito para suxerirvos que se valorades positivamente esta rede de medida do brillo do ceo llelo fagades saber á xente de MeteoGalicia. Por algún lugar da súa web debe haber un enderezo de contacto. A verdade é que están facendo un bo traballo con grande esforzo e creo que agradecerán saber que é valorado. E se tedes calquera tipo de crítica facédella chegar tamén, faltaba máis.

      Saúdos!
      s.

Responder
Respuestas: 1667
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Un traballo bárbaro Salva!!!!

Responder
Página 2 / 2
Compartir: