Ola a tod@s,
😉 En canto os temporais o permitan reiniciaranse os traballos de instalación de medidores do brillo do ceo tipo SQM en estacións de MeteoGalicia, para completar a rede de monitorización que están creando en colaboración coa USC. Os datos son open access e poden consultarse e descargarse por calquera persoa interesada. Nun prazo breve contan con ter unha páxina específica sobre o tema dentro do site de MeteoGalicia, agrupando todas as estacións con detector. Polo de agora para acceder aos datos hai que entrar na web de cada estación individual. A fin de facilitar as consultas, abrimos unha páxina provisoria no servidor de webs persoais da USC, que podedes consultar aquí:
(de momento en English).
As ligazóns directas para ver a evolución do brillo nas estacións xa activas son:
Santiago de Compostela: http://bit.ly/1gOYxmy
Lardeira: http://bit.ly/LZAveP
O Cebreiro: http://bit.ly/NQXE4k
Saúdos!
s.