Xa falabamos aquí hai uns meses, con escaso éxito de respostas por certo, de que se tratara no congreso de granada de astronomía da posta en marcha dun proceso constiruínte dunha federación a nivel estatal de asociacións de astronomía. Daquela xa aventurabamos que, dada a solvencia das entidades promotoras, o tema ía chegar a bo fin si ou si, non como outros procesos que algúns deste foro vivistes en primeira persoa (eu só de oídas) cunha xénese dubidosa, pouca representatividade e escasa repercusión.
Supoño que nas respectivas asociacións galegas debatistes o tema sobre se pertencer ou non a esta futura asociación. Eu só coñezo, das varias nas que son socio, do debate en AstroVigo na que se aprobou a súa pertenza á federación. Falastes no resto do tema?
Poir o vindeiro sábado 29 de novembro vaise facer o acto fundacional en Madrid. Creo que pode ser un Acto moi simbólico pero interesante ao que asistir, a pesares do coñazo dunha viaxe á capital do reino para asinar uns papeis e discutir sobre temas legais. En AstroVigo estase falando de quen asistirá para representar á asociaciación. Vai ir alguén máis desde este recuncho noroeste da península? Creo que sería interesante compartir gastos e/ou compartir representantes de varias asociacións senón queremos quedar á marxe desde posible momento histórico no asociacionismo astronómico.
Falastes algo do tema na reunión de asociacións que fixestes algúns ao remate do pasado AstroBiocos?