Trátase dunha promoción do xornal Público. Os domingos regalarán os DVD da serie Cosmos. Creo que custa un par de euros e son 13 capítulos. Ideal para os que queiran ter unha copia ademais da descargada de Internet, ou para as asociacións, ou para regalar...
Eu xa estou pensando en regalarlle unha á redactora que nos entrevistou ao Óscar e a min para o programa da TVG do sábado pola mañá, do día da AstroGalicia. Que non coñecía esta serie a coitadiña :whip: