Ceos galegos: proxe...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ceos galegos: proxecto de divulgación e edición propia

12 Respuestas
6 Usuarios
0 Me gustas
3,924 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Pois xa está. Os que estivestes en AstroGalicia17 algo vos cheirastes. Os que non, ninflowers! Pero xa teño en marcha o meu novo proxecto de divulgación científica e astronómica.
Ceos Galegos é un proxecto de comunicación social da ciencia ao través de fotos, imaxes e visións do ceo. O ceo diúrno, o ceo nocturno, as nubes, as tormentas, os fenómenos atmosféricos extremos, todo ten e terá cabida neste proxecto. As imaxes son propias ou aportadas polos colaboradores e amigos. Os textos son de creación propia agás indicación do contrario. Polo pronto, xa temos no mercado para a súa compra un "calendario astronómico 2018".

Non sei se será o único calendario astronómico editado no país, o único en galego, o único con imaxes de afeccionados e profesionais, o único con efemérides astronómicas adaptadas a Galicia, o único con textos breves explicativos da ciencia por tras de cada foto, o único... Pero seguro que algo diso o é.

O que si sei é que, e podedes confirmar os que o tivestes na vosa man, se trata dun produto fermoso, bonito, útil e moi chulo. E xa sabedes que non son moito de presumir nas redes dos traballos propios. Pero neste caso, como eu teño o menor dos méritos (simplemente fago a edición), a fermosura está nas imaxes dos contribuíntes (Óscar, Alfredo, Ángel e outros) e no deseño gráfico do profesional.

Na web de Ceos Galegos tedes mostra dalgunha das súas páxinas. A ver como resulta o proxecto e agardo que vos guste.

Evidentemente, agradécese todo comentario, crítica (se é construtiva mellor), ideas de futuro... ben neste mesmo foro ou enviando un correo ao proxecto directamente info ALGARROBA ceosgalegos.com

Ah, e se nos seguides en twitter (@ceosgalegos) pois moito mellor. Tamén andamos polo instagram e polo feisbuc (pero este último é un sindiós de ruído).

Un saúdo.

11 respuestas
Respuestas: 1741
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Pois eu xa o teño colgado na parede e a verdade e que quedou fetén.

Mola moito  :yes: :yes: :yes:

Responder
Respuestas: 1037
 RICK
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Moi chulo!! tamén o teño!!  :party:

Responder
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Pois xa dirás como o conseguiches. En Ourense (e non chamaches para un café  :diablo:)? En Santiago? En Lugo? Ou tes unha copia pirata e de mala calidade  :whip:?

Responder
Pablo Canedo
Respuestas: 1822
Admin
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Pois a Carballo aínda non chegou! Alguén terá o torrent por ahí para compartir?

Responder
Página 1 / 3
Compartir: