Pois levamos xa uns mesiños en probas, e aí o estamos. A web de Ceos Galegos é agora a competencia do APOD da NASA :na:
Estamos a publicar, case a diario, unha imaxe do ceo nocturno ou diurno ounque teña que ver coa astronomía. E contamos a súa historia ou a ciencia que está por detrás. Son todo fotos feitas en Galicia ou case. Veredes imaxes de moitos dos usuarios deste foro. E de moita xente allea ao mundo da astronomía pero que lle gusta ver a súa foto publicada e, sobre todo, comentada.
Podes enviarnos as túas fotos e imaxes. O noso reto é chegar a publicar unha por día e, sobre todo, comunicar e divulgar ciencia. Non teñen que ser fotazas (que tamén). Se non fotos que nos permitan falar de astronomía e ciencia. E temos twitter, insta e feisbuc. Todo baixo a denominación @CeosGalegos.
Estamos a facer concursos (xa hai un de nubes) e pronto haberá moitas novidades.