á caza do gazapo
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

á caza do gazapo

9 Respuestas
3 Usuarios
0 Reactions
2,277 Visitas
Respuestas: 12
Topic starter
Active Member
Registrado: hace 13 años

Bueno, penso que sería interesante ter unha sección sobre os gazapos de pelis, telexornais, libros... E comentalos aquí.
Se vos interesa o tema recoméndovos un libro:
"De King Kong a Einstein"
(la física en la ciencia ficción)
Edicions UPC

A ver qué opinades deste vídeo que teóricamente é de "divulgación científica".
(espero facer ben esto dos links...

http://www.oserra.com/2011/10/piensan-en-mi-luego-existo.html

mellor esta dirección: :qqb010: :qqb010: :qqb010:

http://www.megaupload.com/?d=U47R4GET

Espero que funcione o enlace.
Aviso: dura case dúas horas.
As autoridades sanitarias creo que non recomendan velo todo de golpe porque con tanta "teoría científica" xa non sabe un se as mazáns caen cara abaixo ou á inversa.
Un saúdo

8 respuestas
Respuestas: 2392
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Teño o libro é está moi ben. Creo que xa hai algunha edición ampliada (o meu debe ser mercado ao pouco de saír). Formaba parte ou estaba feito a partires dos apuntamentos da materias universitaria que os autores dan/daban nunha universidade catalana.

Hai tamén varios portais na rede sobre o tema. A min o que máis me gusta é o de "Física en la Ciencia Ficción". Neste caso, escrito por Sergio Palacios que creo tamén publicou un libro recompilatorio co material do seu blog (este non o teño).

Sobre o de meter ligazóns, saír saíron. Ás veces queda mellor que as fagas inter-textuais (como o exemplo da liña anterior) ou como se diga. Podes seleccionar o texto que queiras que apareza baixo a ligazón e premer o botón de arriba (o terceiro da segunda fila, o que ten o mundo). Despois, engadir despois do "url" o signo = seguido do enderezo web. Por suposto, se isto último xa o sabía pois esquéceo e desculpas por adiantado.

Saúdos.

Responder
Respuestas: 12
Topic starter
Active Member
Registrado: hace 13 años

a ver se conseguides entender algo do que se di neste blog...

ciencia kanija
http://www.cienciakanija.com/2011/10/31/faq-sobre-energia-oscura/

Responder
Respuestas: 2392
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Kanijo traduce artigos do inglés ao español de temas de divulgación... e, aínda que ás veces algunha tradución ten algún defectillo, polo xeral o nivel é moi bo.

Na ligazón que traes hoxe fala da enerxía escura. Exactamente que non entendes? É un dos temas de "moda" ou, desde o meu punto de vista, máis difíciles de comprender na cosmoloxía actual.

Hoxe en día, a enerxía escura é o paradigma científico que trata de explicar por que o universo é como parece ser. Hai unha observación experimental, o universo parece estarse a expandir de forma acelerada. Require unha interpretación e, como non existe nada coñecido coas propiedades que ten que ter para xustificar esa observación astronómica, invéntase (ou faise a hipótese, que queda máis fino) algo coas características que se observan.

A partir de aí, faise preciso facer observacións experimentais independentes que dean os mesmos resultados (no texto indican algunhas) e buscar un marco teórico que explique ou que dea conta da existencia da enerxía escura. Case nada. Máis de 10 anos de investigacións ao máis alto nivel aínda non resolveron o tema.

O premio Nobel deste ano foi para dúas observacións das supernovas de tipo Ia que, ao actuar de candelas estándar permitiron medir a distancia a galaxias afastadas ollando que estaban máis lonxe do previsto.

O equipo de Adam Riess (o primeiro en publicar o achádego) e outro máis compartiran premio Nobel este ano de Física cun terceiro (agora non lembro os nomes de memorias).

Se tes algunha dúbida concreta, podo/podemos tratar de resolvela. Aínda que eu neste campo (e moitos outros), toco de oídas. Así que non esperes un debate de alto nivel intelectual sobre o tema  :intello:

Saúdos.

Responder
Respuestas: 12
Topic starter
Active Member
Registrado: hace 13 años

Ola de novo: por suposto que en cosmoloxía hai moitas cousas que non entendo, quizá si dende un punto de vista matemático, abstracto, pero non consigo imaxinalo no mundo real. Pásame igual coa mecánica cuántica: acepto os principios, a matemática que a explica, máis ou menos, pero non son capaz de “visualizala”, parece antinatural, xa que os nosos sentidos están preparados para un mundo macroscópico, non subatómico.
Penso que coa cosmoloxía pasa un pouco o mesmo: son situacións nas que se mezcla o máis grande co máis pequeno, e non é fácil de entender.

Pero, aparte de todo o anterior, hoxe pola mañán leo no correo a seguinte  "xoia literaria":
“El factor de escala es, básicamente, el “tamaño” del universo, aunque en realidad no es el tamaño, ya que el universo podría ser infinitamente grande – más exactamente, es el tamaño relativo del espacio de un momento a otro.”

Eu este párrafo non o entendín ata a terceira ou cuarta lectura, e aínda así non o teño claro. Non sei se é problema do traductor, ou meu, que me levanto espesa.

O factor de escala ven sendo a variación co tempo do radio do universo? Ou a variación co tempo da dimensión "espacio". (Xa empezo a falar raro eu tamén)

Definitivamente, non o entendo.
E o resto do artigo non o lin pola mañán, lino agora, e maís ou menos si que se entende, pero dunha maneira moi pouco precisa.
Se dixese que o entendín todo mentiría.
Bueno, non me enrollo máis.
Só dicir que non é un gazapo propiamente dito, senon máis ben, na miña opinión, uns conceptos mal explicados.

E, por certo, se alguén me pode explicar a teoría de cordas, aínda que sexa de modo moi sinxelo, agradeceríallo.
Saúdos

😐

Responder
Página 1 / 2
Compartir: