Noraboa! 1000 días sen vacacións non os aguanta calquera :happy:
Noraboa! 1000 días sen vacacións non os aguanta calquera :happy:
Enhorabuena Dosi, todo un curre que te has pegado. s2.
c is the speed of light, isn't it?
Graciñas a todos polos ánimos. A verdade é que a miña intención era máis aproveitar para que os novos usuarios do foro coñeceran o servizo. E tamén, como está, conseguir algún tipo de "feedback" ou retroalimentación.
Aínda que por outra parte, moi mal! Mira que de 1000 non deixar ningún Apod por aquí, xa che vale
Pois mira, si que me dá algo de raiba que non haxa ningunha publicación de ningún astrofotógrafo galego. E, polo que publicades neste foro, o voso nivel non ten nada que envexar. Supoño que, se algún de vós ten interese, terá que buscar algo que chame a atención ou ben por calidade ou por novidade. En temas de paisaxe, por exemplo, cada vez sacan fotos no APOD con curiosidades, solpores en lugares especiais... cousas así. En ceo profundo, xa é cuestión de técnica. A ver se vos animades!!
Noraboa! 1000 días sen vacacións non os aguanta calquera :happy:
A verdade é que durante gran parte do chollo tiven a colaboración dun profe de instituto, o que liberaba as findes e corrixíamonos un ao outro. Agora leva unhas semanas fóra de xogo pero agardo que se reincorpore. Evidentemente, é un chollo que se fai mellor en compañía que en solitario. Sobre todo, porque ás veces hai cambios de última hora (que tardo horas en revisar), ou "horrores" ortográficos, ou mirar o feisbuc (algo que me horroriza, pero de repente descubro que hai xente conversando alí sobre a foto)... É dicir, que se agradece todo tipo de axuda, máis alá de facer a tradución cada día.
Vale a pena o traballo.
Noraboa Dosi!, sempre me esquezo de comentarche que me gustan moito as túas traduccións, cada lingua ten as súas expresións, cualquera, hai esta o bot traductor de Google pode facer una traducción literal, pero unha axustada a lingua e que diga o mesmo é coñecemento da lingua e arte, e estas dúas cousas son as que fas ti.
A verdade é que considero que se o tema non é útil non merece a pena facelo. Moitos de aquí non tedes problema en seguir a web orixinal, en inglés. Tamén está a opción de ler a versión en castelán. Pero o APOD galego xurdiu nun momento en que o proxecto en castelán andaba con moitos atrancos e con risco de desaparecer. Persoalmente, creo que é unha ferramenta moi chula para as webs das asociacións galegas, para docentes de ciencias, para... unha chea de cousas. Pero para iso hai que adicarlle tempo á promoción, a mellorar o blog, a meter algunha ferramenta e non é plan. Así que manterémonos nos 50-100 usuarios diarios.
GRACIÑAS A TODOS POLOS PARABÉNS
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)