1, 2, 3... 1000 fot...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

1, 2, 3... 1000 fotos astronómicas no APOD galego

8 Respuestas
7 Usuarios
0 Me gustas
2,976 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Pois si. Parecía complicado cando empezamos, alá por abril do 2011... pero xa levamos 1.000 fotos diarias e consecutivas na versión galega do APOD da NASA (o Astronomical Picture Of the Day). Só nos queda seguir co traballo e animarvos a que non deixedes de botarlle unha ollada á foto diaria, a comentala (na propia páxina), a difundila e, incluso, a colaborar. No seu momento, a idea de preparar unha versión galega do APOD da NASA xurdiu polos defectos e faltas de traducións que estaba a ter a versión española (que parece que xa están solventados) e, sobre todo, para apoiar a este foro, á web do AstroGalicia e ir creando vencellos na comunidade astronómica galega.

Entre algún dos nosos pequenos fitos, ser quen de manter a publicación diaria durante o peche que tivo a administración norteamericana que durante un par de semanas impediunos deixar preparada a tradución desde o día anterior. Ou canto un furacán nos Estados Unidos deixou tirado o servidor da NASA orixinal e a páxina en galego entrou puntual, porque deixáramos gardadas a previsións de publicacións dos seus creadores. Ata a versión en castelán se fixo daquela (como outras veces  :666:) traducindo desde a versión galega.

Lémbrovos que o APOD da NASA leva en funcionamento desde o ano 1995, todos os días. Ou sexa, desde o paleolítico internetero. De feito, conserva un deseño da páxina cun regusto retro que é toda unha homenaxe ao sinxelo pero funcional (que non fomos capaces de reproducir na versión galega).

Só nos queda que algún día poidamos ver publicada a foto dalgún dos integrantes deste foro. Por certo, tedes probado a enviar a algunha imaxe vosa ao APOD? Porque, a verdade, teño visto por aquí algunha moi boa, moi curiosa e moi instrutiva.

Vale, quedan máis cousas por facer, pero imos paseniño.

Gracias a todos os que a mirades de cando en vez, os que comentades, os que avisades de erros (teño que mirar máis o feisbuc)... Ah!... e gracias sobre todo a Robert Nemiroff (MTU) e Jerry Bonnell (UMCP) que son os pais da criatura.

7 respuestas
salva
Respuestas: 489
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

      8)  Moitos parabéns e moitas grazas por ese traballo... e mil primaveras máis para o APOD galego!

      Apertas,
      salva

Responder
Pablo Canedo
Respuestas: 1822
Admin
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Parabéns Dosi! Vaia currelo te pegas meu.

Aínda que por outra parte, moi mal! Mira que de 1000 non deixar ningún Apod por aquí, xa che vale

Responder
Respuestas: 139
Estimable Member
Registrado: hace 15 años

Noraboa Dosi!, sempre me esquezo de comentarche que me gustan moito as túas traduccións, cada lingua ten as súas expresións, cualquera, hai esta o bot traductor de Google pode facer una traducción literal, pero unha axustada a lingua e que diga o mesmo é coñecemento da lingua e arte, e estas dúas cousas son as que fas ti.

Vexo o apod galego cada día, e é unha forma sinxela e bonita de mergullarse no Universo, tamen sempre me esquezo de decirche  a tua charla no Barco con base nas APOD gustoume moito e outro conto que che contén as cosas ...

E nada a seguir!

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 14 años

:great: Parabens tamén pola miña parte Dosi e que cumplas moitos mais. Vale a pena o traballo.

Responder
Página 1 / 2
Compartir: