XXX Aniversario da ...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

XXX Aniversario da Casa das Ciencias da Coruña

1 Respuestas
1 Usuarios
0 Reactions
1,576 Visitas
Xoán
Respuestas: 46
Topic starter
Eminent Member
Registrado: hace 12 años

O día 1 de Xuño, a Casa das Ciencias da Coruña cumpre 30 anos.

Dentro dos actos conmemorativos temos previsto facer unha plantada de telescopios o sábado día 30 de Maio, aínda que tamén se poden traer calquer tipo de "trebellos" de observación.

Dende a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, convidamos as asociacións astronómicas galegas e a calquer persoa que queira sumarse.

Á Casa das Ciencias, e en particular ao seu observatorio, único na Galiza, debémoslle moito, porque é en definitiva a nosa casa.

Esta observación celebraríase ao solpor e o lugar está sen determinar, dependendo da asistencia, pero barallamos o parque de Santa Mararida ou a Praza de Mª Pita.

Para unha boa organización, pregamosvos enviedes un mail a info@agrupacionio.com indicando o voso nome, equipo que ides traer e un teléfono ou dirección de mail de contacto.

Saúdos e ceos despexados.

Compartir: