XXII Congreso Estat...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

XXII Congreso Estatal de Astronomía, Pamplona-Iruña 2016

3 Respuestas
2 Usuarios
0 Me gustas
1,824 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Ben sei que tivo pouca repercusión neste foro, a pesares de ser o encontro máis importante que se celebra cada dous anos. Pero alí estabamos 4 ou 5 galegos polo que toca, non facer unha longa e aburrida crónica, se nin dar as miñas impresións persoais.

O primeiro, houbo charlas moi didácticas e interesantes. Persoalmente, quédome coa do Lobo rayado ou Ángel Gómez. Unha moi boa visión do seu traballo, simpática pero tamén profunda que nos permitiu ver por onde irán os tiros da radioastronomía profesional nos vindeiros anos.

Ao segundo, nas ponencias, ben claro está que ao ser á vez non se pode ir a todo. Había algunha de recheo como en todo congreso. Pero en xeral, como en edicións anteriores, o nivel é moi bo e hai varios proxectos moi chulos que desde Galicia se pode colaborar perfectamente.

Ao terceiro, temos nova colección de libros de astronomía editados por Marcombo e con autores actuais (e moitos xa pasaron por algunha edición de AstroGalicia ou AstroBiocos. Polo momento teñen feito un de Estrelas Dobres, escrito por varios afeccionados que levan xa bastantes anos especializados neste campo (e, como anécdota, inclúe unha foto de Aristarco). Durante moitos anos vai ser a referencia  este campo, seguro. O segundo número é de "Debuxo astronómico" feito, como non, por Leonor. Unha delicia pola fermosura dos debuxos e das explicacións da autora. De aquí a fin de ano haberá outros dous. Un deles, unha edición recollendo o catálogo Messier ao completo.

Ao cuarto e concretando, quédome con dúas referencias que anotei que poden interesar aos habituais e lectores deste foro:

-- espectroscopía: cónstame que hai varios astrónomos galegos teñen todo o equipamento preciso para traballar neste campo. E hai profesionais que van estar encantados de recobir datos (o que implica poder aparecer en futuras comunicacións e artigos científicos). Incluso, presentouse un proxecto de fabricación dun espectroscopio con imprsora 3D :rofl:

-- planetaria. Para os habituais xa coñeceredes o PVOL para mandar as vosas imaxes, un grupo da Uni do País Vasco que recompila, mantén e ofrece base de datos para seguir todos os cambios atmosféricos en Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno (pvol.ehu.eus). Pero agora tamén reciben imaxes de Marte, Venus e Mercurio no PVOL2: http://pvol2.ehu.eus

Ala, aí vos queda.

Ah!, ao quinto... Dentro de dous anos será en Cuenca. Oxalá haxa máis traballos galegos que materias primas xa hai.

2 respuestas
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 15 años

Grazas pola crónica Dosi. Acabo de ver outra  que nos manda en Sirio Antonio Vázquez que tamén estivo por alí e, en consonancia co que dis da pouca actividade diste foro e outros síntomas de parálise, parece que, dende hai xa un tempo e salvo algunha excepción, non pintamos moito por eiquí. Teríamos que facérnoslo mirar a ver de recuperar algo daquil espíritu de non hai moito tempo.

Responder
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 16 años

...non pintamos moito por eiquí. Teríamos que facérnoslo mirar a ver de recuperar algo daquil espíritu de non hai moito tempo.

Aínda que é un pouco Off-Topic: está claro que desde que naceu este foro a hoxe en día multiplicáronse as canles de comunicación dixitais, redes... Eu sigo defendendo a vixencia dos foros por varios motivos:

- a web é libre e accesible a todos (polo momento). Incluso, permite o anonimato. En canto toda a información estea en mans de multinacionais que xentilmente (se algo é de balde, ti ou os teus datos sondes a mercancía) nos ceden os seus servidores (Feisbuc e similares), poderán facer con ela o que queiran. Neste caso, só estamos nas mans de P. Canedo e da súa vontade  :rofl:

- este foro é consultable por calquera, estea inscrito ou non.

- este foro contén información histórica valiosa para os máis diversos intereses. Buscar información nun foro é relativamente sinxelo. Buscar algo nun feisbuc ou rede similar é un castigo divino.

- aquí a información circula de xeito aberto e un foro que non pertence a ningunha asociación en particular. Aínda lembro cando hai anos se falou moito sobre o de ter cada asociación galega un sub-foro en www.astromania.es só para os seus socios, co que se potenciaba a existencia dun lugar para a comunicación e a información común. Era unha boa idea pero quedou en nada.

- por romanticismo  :angel:

Responder
Compartir: