Este sábado, 22 de decembro de 2012, aproveitando que todo segue máis ou menos igual, temos unha pequena actividade no Albergue dos Biocos.
Imos facer un pequeno obradoiro de solarigrafías no albergue dos Biocos. As solarigrafías son un tipo especial de cámaras estenopeicas (cámaras fotográficas caseiras que se fan por catro patacos) e que dan resultados espectaculares. No APOD da NASA teñen publicadas unhas cantas. Dun xeito sinxelo, obtemos un documento inmellorable para ollar o camiño do Sol no ceo entre solsticio e solsticio.
A proposta é pasar arriba, no Albergue dos Biocos de San Xoán de Río, o sábado día 22 de decembro, que ven sendo un día despois do solsticio de inverno, e por eso tería que ser esa data.
A eso das 10,30 da mañá vaise preparar nun baño oscuro que temos na casa das estrelas, unha morea de cámaras estenopeicas con latas de bebida que xa temos recollidas. Hai que abrilas, colocar papel fotográfico, facelo buratiño para a entrada de luz (o estenopo dos gregos), logo tapalo todo e buscar onde colocala durante seis meses, nun lugar orientado cara o sur para que recolla a impresión de todo o percorrido do sol cada día.
Se non tendes nin idea do que falamos, podedes buscar en "mr. google" solarigrafías ou proxecto Solaris, que iniciou un galego e dous nórdicos fai dez anos. As solarigrafías podense facer en calqueira lugar pero no albergue a situación é privilexiada porque non hai nengún obstáculo dende que sae o sol até o solpor.
E dentro de seis meses... veremos o resultado...
Temos xa un grupiño de media ducia de interesados. Se alguén deste foro quere apuntarse a última hora, podedes enviar un correo para pedir máis info a rosaveiga ARROBA altega.com (evidentemente, substituíde o ARROBA por @).
Saúdos.