Boas. Estamos xa a argallar os contidos do AstroBiocos deste ano (que será do 19 ao 21 de setembro, por certo), e estamos a falar con Damian Peach para que nos dea unha charla ou unha "master class" (que agora soa máis chulo). Especialmente, pensando na xente de nivel avanzado do lugar e que ultimamente andades algo enferruxados (será pola chuvia).
Que vos parece?
Hai uns días enviamos un correo electrónico ás asociacións astronómicas galegas. Se algunha non o recibiu avisádeme e enviámolo de novo.