Boas. Confeso que me pillou despistado cando o outro día o comentaba Paco, porque botáballe que sería no outono. Pero o congreso de astronomía (aínda que teña ese nome tan oficial de congreso, realmente está organizado por asociacións de astrónomos afeccionados), será este ano en Granada. Aproveitan a ponte do 1º de maio (desde o 1, xoves, ata o 4, domingo). Supoño que eu irei e, se teño tempo, tamén prepararei algunha ponencia ou similar.
Dadas as datas, os que traballamos teremos que pedir só un día (ou dous) para poder achegarnos. Pero, se nos xuntamos uns cantos, podemos ir xuntos e economizar moito os custes. Que vos parece?
- sendo ata 5, podemos ir nun só turismo.
- sendo ata 8, podo pedir a furgo.
- se semos máis... xa pillamos un microbús propio :intello:
Ademais, poderiamos buscar un aloxamento máis barateiro, aínda que sexa fóra da cidade, pois teriamos transporte propio (algo tipo apartahotel, ou casa rural completa...).
Creo que é un contorno ideal para coñecer un montón de xente e experiencias relacionadas coa astronomía. Coméntoo para os que teñades algo de "reparo" á palabra congreso.
Así os que esteades pensando en ir, comentade aquí ou por MP ou por correo electrónico e discutimos detalles.