ASTROTREVINCA 2015:...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

ASTROTREVINCA 2015: II Xornadas de Astroturismo do Concello de A Veiga

1 Respuestas
1 Usuarios
0 Me gustas
2,170 Visitas
Respuestas: 57
Topic starter
Trusted Member
Registrado: hace 14 años

ASTROTREVINCA 2015: II Xornadas de Astroturismo do Concello de A Veiga
11, 12 e 13 de Setembro de 2015

PROGRAMA:

Venres 11

19.00h Inauguración das II Xornadas de Astroturismo.
• Sr. Alcalde do Concello de A Veiga.
• Sr. Presidente de TREVIHOST (Asoc. Hostalería e Turismo Trevinca- A Veiga)
• Sr. Xefe da Área Provincial da Axencia de Turismo de Galicia.
• Sr. Presidente da Deputación Provincial de Ourense.

19.30h Presentación de TREVINCA: Destino Turístico Starlight. Razóns e obxetivos.
A cargo de Óscar Blanco.
* Sala de Conferencias O Toural.

20.00h Cea de Confraternidade.
* Lugar: Por determinar.

21.00h Observación astronómica Mirador Estelar “A Tablilla das Lagoas “.
* Lugar de observación: A Tablilla das Lagoas (consultar mapa adxunto). No caso de modificarse o lugar notificarase aos participantes. No caso de que as condicións atmosféricas sexan desfavorables realizaranse actividades na Biblioteca e Centro TiC.

Sábado 12
* Biblioteca e Centro TIC.

11.00h Conferencia: “Curiosidade, Sr. Spock, insaciable curiosidade (Literatura
estelar)”.

Impartido por Estíbaliz Espinosa.

11.45h Conferencia: “Posibilidade de vida en exoplanetas baseada en fluídos
diferentes á auga”.

Impartido por Mario García González.

12.45h Pausa

13.00h Conferencia: “Auroras, a maxia do ceo”. Experiencias en Laponia e Islandia.
Impartido por Óscar Blanco.

14.00h Observación Solar con telescopio de Hidróxeno Alfa.

15.00h Xantar
* Lugar: Por determinar.

18.00h Conferencia: “ Postal Planetaria”.
Impartido por Borja Tosar.

19.00h Fin da sesión do sábado. Preparación para a observación astronómica.

21.00h Observación astronómica Mirador Estelar “A Tablilla das Lagoas “.
* Lugar de observación: A Tablilla das Lagoas (consultar mapa adxunto). En caso de modificarse o lugar notificarase aos participantes. En caso de que as condicións atmosféricas sexan desfavorables realizaranse actividades na Biblioteca e Centro TiC.

Domingo 13
* Biblioteca e Centro TIC.

11.30h Obradoiro: “O ceo ao alcance da man”.
Impartido por Xoán Antón Leiro e Emilio Castro Otero.
Sobre a construción de instrumentos astronómicos antigos. Custo 5€, inclúe material.

14.00h Clausura das II Xornadas Astrotrevinca.

INSCRIPCIÓN:

Oficina de Turismo do Concello de A Veiga
turismo.aveiga@gmail.com
988 350130

Compartir: