Eu sigo dicindo que as datas son un pouco "tarde",noites mais frías,posibilidade de neboeiras a beiriña do Miño,etc. e iso para os que coma mín imos en idade avanzada non e moi doado,polo demáis pareceme ben.
Un saúdo.
Poucas cousas teño tan claras ademais de que a terra xira ao redor do sol como que o Camilo preferiría que AstroGalicia fose no verán. Pero verás, agás a primeira edición, que se fixo no mes de xullo (organizada por Pablo, Moisés máis eu), o resto foron indo cara datas nas que este mendalerenda podía traballar pola causa. Creo que poucos eventos hai en toda España que se anuncien con tanta antelación (todos os anos avisamos da data en marzo ou abril), que se comente nun foro aberto por se alguén quere suxerir temas ou invitados (aí están os diversos fíos abertos cada ano) e que estea apoiado por tantas asociacións e tan diferentes. Este ano colabouran (ollo, iso implica poñer cartiños, que as cousas non se fan soas), a gran parte das asociacións astronómicas de afeccionados do país (cinco!!), unha de divulgacion científica e unha de fotógrafos. Ninguén queda fóra por non ser invitado ou por non enteirarse, a non ser que queira. E a ninguén que quixera participar na organización se lle dixo nunca que non, a pesares de que as últimas edicións lévase con bastante soidade.
Desde o comezo, se algo non foi AstroGalicia é unha quedada para observar as estrelas en compañía doutros afeccionados. Aínda que todos os anos, mellor ou peor, se produce esa parte da quedada. Por que? Pois porque se trata de crear unha festa (aínda que ás veces poida parecer un congreso) que entre todos nos podemos dar para "permitirnos" atraer a xente do mundo da astronomía que queremos coñecer e de quen podemos aprender. Viches o plantel de relatores deste ano???
Desde o comezo, AstroGalicia foi unha actividade aberta a que os astrónomos afeccionados puideran afondar na astronomía, pero tamén que xente que non ten nin idea se poida achegar por vez primeira a este mundiño. Movémonos sempre entre os 50-75 inscritos e, de verdade, a min dáme un pouco de mágoa que non haxa moita máis xente. Máis aínda pensando en que entre socios de asociacións colaboradoras súmanse varios centos. E todos os anos tratamos de meter cousas novas ou atraer a público novo, pero a cabeciña non dá para máis.
As datas? Agás a primeira edición, o resto facíase na primeira fin de semana posterior á primeira lúa nova de setembro (ou anterior) ou similar. Pero debía ser moi complexo de calcular a data (tanto como saber cando cae a pascua), porque hai uns anos tivemos que escoller outra data diferente porque en setembro comezou a facerse outro evento astronómico en Galicia, e pareceunos cortés non competir, habendo 54 semanas no ano e 15-20 con condicións de lúa favorables
En outubro? Pois verás, como resulta que nos últimos anos os meses de verán o único que fago é traballar coa unha mula (cada un vale para o que vale) pois outubro é o mes que máis me convén. Non coincide co congreso estatal de astronomía, a meteoroloxía soe ser favorable (coñe, que estamos no val do Ribeiro, en Ourense), e despois do parón do verán onde nindiós responde un puñetero correo electrónico hai tempo polo medio para actualizar a información dos relatores, facer a web, preparar as inscricións e demais.
De todos os xeitos, comprendo que no teu caso Camilo este ano che quede moi a desmán asistir a AstroGalicia. Moi afastado da túa casa e, como dís, unha meteoroloxía xa bastante fresca. De todos os xeitos nas salas de actividades hai calefacción e, se imos facer algo fóra e resultara que estea o tempo fresco, podo prestarche unha rebequiña. Eu creo que ver en directo a Francesa Figueras, Jorge Pla, Paco Bellido ou asistir a algún dos 6-7 obradoiros que imos ter (máis ca nunca), ben merecería a pena un esforciño.