AstroGalicia16: fes...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

AstroGalicia16: festa galega das estrelas. Pre-inscrición con beneficios.

5 Respuestas
4 Usuarios
0 Me gustas
3,104 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Xa está, case definitivo, o programa de AstroGalicia16. Pero como ata o luns ou martes non teremos a web con toda a información, quería que os usuarios deste foro e as socios das asociacións patrocinadoras teñan uns días previos para inscribirse e obter un desconto de 5 € nos prezos.
Onde
En Castrelo de Miño (Ourense), no edificio do Parque Náutico. No mesmo edificio contamos con cafetería, restaurante, salas de reunións e actividades e albergue municipal. A 5 km de Ribadavia (Ourense), a onde se accede pola autovía A-52.
Programa
Provisorio, haberá algún cambio.
Venres 7 de outubro
Desde as 19:00: recepción e inscrición de asistentes
21:00 Cea de inscritos (carta de racións de outuno).
22:00 Comezo das actividades.
Sábado 8 de outubro
11:45 Presentación oficial das actividades.
12:00 Charla i.
13:30 Observación solar con telescopio H-alfa
14:00 Xantar
16:00 Obradoiros de iniciación e avanzados para inscritos.
19:00 Charla ii.
21:00 Cea astronómica para os inscritos
22:00 Participación na International Observe the Moon Night; concentración de telescopios.
Domingo 9 de outubro
11:00 Obradoiros para inscritos.
12:00 Charla iii.
14:00 Xantar oficial de despedida.

Prezos
Inscrición: 20 € (10 € para socios de entidades patrocinadoras)
Diferentes opcións de aloxamento e manutención:
no albergue municipal (cuartos con liteiras compartidos) en pensión completa: 78 € (68 € socios de entidades patrocinadoras)
sen aloxamento pero con xantares e ceas os dous dias: 64 € (54 € socios de entidades patrocinadoras)
sen aloxamento nin a cea do primeiro día: 52 € (42 € socios de entidades patrocinadoras)
5 euros de desconto cubrindo o formulario de inscrición antes do luns 26 de setembro ás 23:59 e facendo o pagamento antes do mércores 28 de setembro.

Outras opcións: se ningunha destas opcións con desconto se che adaptan, o restaurante e cafetería do Parque Náutico está dispoñible para todos aqueles que queiran achegarse de xeito puntual con menú de fin de semana a 12 € e cea á carta.
Charlas
Ana Ulla, da Universidade de Vigo.
José María Madiedo, Universidade de Huelva e AstroHita.
Persoal do Centro de AstroBioloxía (NASA-INTA).
Obradoiros
Iniciación á astronomía: impartido por Jorge Arranz, destinado a todos os que queiran empezar a coñecer o mundo da astronomía. Partindo da base aprenderemos a coñecer o ceo nocturnos, como se moven os astros, nocións de cosmoloxía e iniciación ao manexo de telescopio.
Avanzado: varios obradoiros impartidos por diferentes ponentes que incluirán detección de meteoros, radioastronomía, oculares...
PRE-INSCRICIÓNS

4 respuestas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Imos ampliando cousiñas do programa: entre os obradoiros avanzados ou de perfeccionamento, eses dirixidos principalmente aos astrónomos afeccionados, xa temos confirmados uns cantos:

-- observación e detección de meteoros en visual, por JM Madiedo, da Universidade de Huelva e AstroHita.

-- ocultación de asteroides con cámaras Watec e como observar ocultacións de TNO con cámaras CCD. Por Ramón Iglesias Marzos do Observatorio de Javalambre.

-- BonusTrack: práctica en directo na noite do 8 de outubro dunha posible ocultación dunha estrela por un asteroide... nos ceos de Castrelo de Miño.

Para anotarse, no formulario ao comezo deste fío ou mesmo na web do evento do Náutico de Castrelo.

Responder
Respuestas: 1741
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Xa queda pouquiño  :yipi: :yipi: :yipi: :yipi: :yipi:

Responder
Respuestas: 370
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Para os que teñan curiosidade, aquí tedes os datos da posible ocultación:
http://ocultacions.astrosabadell.org/IBEROC/20161008_4-3023_summary.html

Vémonos en Castrelo de Miño  😉

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 14 años

Tamén poderíamos coller os bártulos e que nos deran de cear no Barco  :mdr:

Responder
Compartir: