Marcade nas vosas axendas, para acudir e para non programar outros eventos.
Datas: do 11 ao 14 de outubro. Máis longo que nunca.
Evento: AstroGalicia18-a festa galega das estrelas.
Contidos: a determinar.
Lugar: Parque Náutico de Castrelo.
Non hai máis polo momento. Temos pendentes 5 persoas ás que xa invitamos para que nos conten cousas e moitas ideas por diante. De feito, aínda non temos claro se comezaremos o 11 ou o 12, aproveitando a ponte festiva. É posible que fagamos unha actividade moi chula en paralelo ou o día anterior, que sirva de introdución.
Por suposto, se tedes ideas, suxestións, contactos que queirades traer... agradécese desde xa que contedes. Ah, e se alguén quere botar unha man para a organización tamén se agradecerá.
As asociacións de astrónomos amadores galegos xa tedes un correo ao respecto. Por favor, se algunha asociación non recibiu facédemo saber para corrixir posibles erros.
Temos bo tempo garantido, xa está a caer toda a auga reservada para o que quedaba de década. Polo que no outubro teremos ceos despexados seguro. :666: