AstroGalicia 2016: festa galega da astronomía.
Parque Náutico de Castrelo
Castrelo de Miño (Ourense)
Do 7 ao 9 de outubro de 2016
Pois si, o tema segue adiante, faltaría máis. Quizais se vaia parecer máis á modestia do primeiro AstroGalicia, alá pola década pasada en Forcarei, que montaramos o trío calivera nun mes e pico de prazo, que a unha versión mellorada da anterior edición, pero o tempo e os medios non están a dar para máis 😳 Xa hai catro meses que empezamos a facer contactos con posibles poñentes pero ata estes días non nos están confirmando a súa dispoñibilidade. Iso si, haberá para todos os gustos e nomes moi, moi interesantes.
Estamos pendentes de confirmar un par de nomes entre os poñentes antes de publicar o programa definitivo, que supoño estará en 15 días. Polo pronto, lémbrovos as datas para que marquedes nas vosas axendas e comecedes a difundir nos vosos círculos de contactos: 7. 8 e 9 de outubro.
Aloxamento: ademais do albergue que está no mesmo edificio, falaremos co concello por se permite o acampado libre preto de alí. En canto a outros aloxamentos, están todos a un mínimo de 5 quilómetros. Pero tamén estamos a negociar con varios para conseguir algún tipo de desconto aos inscritos. Con todo, o lugar está bastante céntrico de varias cidades galegas polo que tamén facilitará a participación dos que só poidades ir a parte das actividades.
Todas as asociacións de afeccionados galegos recibiron un correo hai uns días na procura de patrocinio e/ou colaboración. Como os últimos anos foron algo complicados para este mendalerenda teño a miña axenda algo desactualizada. Así que aproveito este foro público para facer un chamamento a todas as asociacións, por se algunha non recibiu o correo, me poidades enviar un privado para contactar convosco.
En canto ás que xa respostaron, agradecer a AstroVigo que en apenas un día xa aceptaron colaborar :yipi: e ao resto, que aínda ninguén dixo que non :intello: