AstroGalicia 2016: ...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

AstroGalicia 2016: a festa galega da astronomía. Renacendo.

7 Respuestas
5 Usuarios
0 Me gustas
4,355 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Boas. Pois ao final haberá festa (e cousas serias), e galega (pero pode vir xentiña de fóra) e da astronomía (e temas relacionados). E será, de novo, AstroGalicia. Polo que andaremos pola oitaba ou novena edición (se contamos polo medio os AstroBiocos, claro).

Ante todo, agradecer a todos os compis que colaboraron coas edicións anteriores de AstroGalicia e, sen excepción, autorizáronme para recuperar esa denominación de AstroGalicia. Con todos consultei por correo electrónico (agás despiste ou esquecemento).

Aí van pois os datos principais do conto:
- Que: AstroGalicia 2016. Festa galega da astronomía.
- Onde: en Castrelo de Miño, no edificio do Parque Náutico de Castrelo.
- Cando: 7, 8 e 9 de outubro de 2016.
- Contido: charlas divulgativas para todos os públicos, obradoiros de iniciación e avanzados (onde se poderá escoller entre varias opcións), exposicións, observación común nocturna (se o tempo acompaña) e sorpresas.

Aínda non está pechado o tema dos ponentes. Xa hai algún confirmado, algún que o está a pensar e algún que xa dixo que non podía este ano. Nuns días poremos en marcha unha web para poder inscribirvos con toda a información e máis datos. Esta primeira mensaxe do fío servirá para que, polo menos, poidades ir reservando as datas nas vosas axendas. E facendo as tramitacións de permisos pertinentes nos vosos fogares. :intello:

Algo máis de info:
- o edificio conta cun amplo aparcamento e unha gran zona axardinada á beira do río Miño. No mesmo edificio hai un albergue de 56 camas, bar, restaurante, salas de actividades de diferentes tamaños... Non é o mellor lugar do mundo para unha observación astronómica dado que está á beira do río e a 100 metros de altitude. Pero, iso si, teño a chave de apagado do alumeado público.  :whistle:

- as datas son máis tardías do habitual pois en setembro celébrase o congreso estatal de astronomía en Pamplona. Aínda que ocupa as datas da lúa chea e queda a fin de semana de lúa nova libre, pareceume máis axeitado cambiar de mes este evento, xa que en Pamplona non me pediron permiso para ocupar o mes. Todo se andará. :na:

- Castrelo de Miño está moi ben comunicado, a 5 minutos da saída da autovía A52 que dá a Ribadavia. Isto é, a 25 minutos de Ourense, 45 de Vigo, 55 de Santiago, 80 da Coruña, 100 de Lugo... todo son tempos aproximados e sen garantía contractual.

6 respuestas
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 15 años

7,8 e 9 de Setembro (mércores, xoves e venres) . ¿Están ben esas fechas?

Responder
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Editado. Outubro. Pardon!

Responder
Respuestas: 1037
 RICK
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Bueno!!!  :yes: :yes:
La fecha y el sitio no ofrecen demasiadas espectativas de observación, pero el lugar es espectacular. si las actividades, charlas, talleres o lo que sea despiertan interés seguro que será un éxito. Como siempre, seré de los últimos en llegar y de los primeros en apuntarme. Ya nos iras contando.

Responder
Respuestas: 383
Reputable Member
Registrado: hace 16 años

O sitio mola moito moito!!!
Non será o mellor lugar para facelo pero tampouco é o peor.
Si as temperaturas nesas datas son decentes o lugar permite facer moitas actividades a maiores as da astronomia.
Non sei si poderei ir todolos dias, pero a proximidade da para polomenos pasar algun día por Castrelo

Responder
Página 1 / 2
Compartir: