AstroBiocos 2015: c...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

AstroBiocos 2015: cancelando e desculpando.

8 Respuestas
6 Usuarios
0 Me gustas
3,521 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Pois moitas grazas polos comentarios, rapases. Só quería informar do "estado da nación" pois algún xa empezaba a acosarme por privado e non era plan de tervos pendentes.

De todos xeitos, non hai ningún reproche pola nosa parte cara ao resto da xente. Desde que desapareceu o de AstroGalicia, que era organizado pola comunidade de afeccionados, asumimos o "AstroBiocos" coma un produto máis. Escasamente rendible, pero que compensaba polo contexto no que ser realizaba. Este ano, coas instalación do albergue sen persoal e pechada durante uns meses máis o estado actual da entidade organizadora tras varios anos de tratar de capear a "p. crise esta de los coj." , xa facía imposible poñelo en marcha con dignidade.

De todas formas ya sabrás que Óscar se lo ha montado en la frontera con Castilla. Seguro que está formidable, pero para mí un poco lejos. Lo siento, Óscar.

Xusto ao día posterior de anunciar o de AstroBiocos (a decisión xa a tomara un mes antes, pero non atopara o momento para anunciala) vin as informacións de prensa. Creo que vai ser estes días, xusto unha semana antes de AstroBiocos. Creo que o ano pasado fora unha semana despois. Para min é outro punto a favor de suspender AstroBiocos. Creo que para 2 ou 3 cousas que hai para astrónomos afeccionados de Galicia ou similares no ano, ben se podían buscar datas diferentes.

Os que levamos anos nisto da programación cultural sempre é unha das variables que utilizamos antes de organizar un evento: situalo o máis afastado posible doutros posibles eventos que "compitan" en parte co mesmo tipo de público.

As datas de AstroBiocos (que, xunto con AstroGalicia, levaba xa unhas 6 ou 7 convocatorias) foron sempre en setembro (agás a primeira edición). Desta volta creo que xa as publicáramos aló por maio, polo que non acabo de comprender a elección das datas. Supoño que será porque son as que prefire o concello pero, nese caso, penso que non recibiu o asesoramento correcto. En fins...

Responder
Respuestas: 811
Prominent Member
Registrado: hace 16 años

Buenas!

No entro mucho en astromanía y estoy un poco perdido con todo lo que se ha escrito por aquí últimamente, pero quería comentar que lo de A Veiga estaba ya previsto desde el año pasado, tras las jornadas de 2014. Como salió bastante bien se decidió ya entonces repetirlas en fechas similares. Pusimos el 11-13 por temas de fase lunar, como siempre. El tema del Starlight le ha dado más difusión al tema, pero llevaba ya meses hablando con el Concello para organizarlo. Por parte del Concello todo son facilidades y nos ceden varios espacios y gestionan precios especiales en los hoteles y casas rurales.

Me enteré después de la idea de hacer un Astro Biocos y evidentemente nunca hubo ánimo de contraprogramar. Se da la circunstancia de que en agosto es imposible celebrar nada allí y en octubre se nos hace tarde. Al final las opciones de fin de semana de Luna nueva son pocos por lo que es normal que algunas veces haya coincidencias, aunque no se busquen.

El año que viene habrá tema en A Veiga también y ya casi puedo decir las fechas 2-4 septiembre 2016. A ver si nos coordinamos mejor para entonces.

Por cierto A Veiga (Ourense)....pegado a Castilla, estupendo lugar...y no es tan lejos, aunque admito que me gusta alejarme todo lo que pueda de las luces y no es mal lugar para eso. La pena es la previsión, pero espero que suceda lo de otras veces y haya pocas nubes.

Saludos

Responder
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Boas, eu tamén ando algo desnortado ultimamente. E, agora que ninguén nos escoita (e que acabo de entrar en Astromanía por primeira vez en meses), aproveito para poñerme ao día.

Óscar, home, levamos 6 ou 7 encontros feitos en Galicia e, agás o primeiro, foron sempre en setembro. Ademais, creo que poucos modelos de organización dun evento destas características hai en todo o estado tan abertos e claros. Na web (case sempre neste mesmo foro), se propón a data con meses de adianto, se propón e se discute de ponentes, temas, actividades... en fin, de todo o discutido e discutible. Que che vou contar a ti que estiveches na organización de varios deles. Lembro un informe que fixeramos na última edición de AstroGalicia (o temos todos nos nosos correos electrónicos) onde cuantificábamos en ducias de mensaxes nalgunha edición entre os organizadores. Outras datas? Maio, xuño, outubro, novembro... Xa discutimos aquí moitas veces que en Galicia pode chover tanto en xullo como en decembro. E que, unha vez no sur, provincia de Ourense, hai moitos máis meses secos e descubertos dos que na costa ou no norte pensades. Aí están as estatísticas meteorolóxicas.

Por suposto que unha iniciativa coma esta, que se lle sae de balde a un concello, sempre, sempre contará coa súa máxima colaboración. Ese é un dos fundamentos dun evento deste estilo. E, de feito, creo que o puidemos comprobar todos en Forcarei, Maceda e Boimorto. Para eles é un caramelo. Neste caso, é claro que o valor engadido da declaración de "Starlight" aportoulle a un concello como o da Veiga (cos problemas políticos que tiveron hai uns anos por alí), un carameliño imposible de rexeitar. PAra eles é case un deber poder ofrecerllo á deputación para que, por unha banda, lles saia de balde; por outra, facer méritos diante do fillo do cacique máis cacique de todos os caciques. Ese que todos os días, todos, sae unha foto del nos medios de prensa local polo menos.

Viches a foto do día
?

Nesta provincia, esquecida de todos e chea de mediocres (en parte porque os mellores xa hai tempo que decidiron emigrar ante a falta de interese dos poderes políticos locais en consentir que ninguén máis que eles teña éxito), hai tres tipos de persoas: os que debecen por saír nunha desas fotos ao carón desa personaxe, os que rexeitamos todo tipo de oportunidade de aparecer ao carón del en ningún momento e aos que lles dá igual. Ah, por certo, na foto hai un "presunto" corrupto, un "presunto" acosador de mulleres que ofreceu posto público a cambio de sexo na famosa habitación 525 e un "presunto" mafioso. Adiviñas quen é quen? Hai que escoller ben as fotos nas que se sae, meu.

Paseime 3 dos últimos anos da miña vida loitanto con esa xente, unha reprodución a pequena escala do caciquismo, só polo mero feito de que "ou es dos meus ou non me importa nada do que fagas. E, se podo...". Por certo, seguimos e seguiremos na loita. Sempre.

Un segredo agora que non nos escoita ninguén? No ano 2011 a proposta de Starlight para os concellos do GDR Sil-Navea-Bibei (unha ducia deles, desde Parada do Sil ata A Veiga) estivo na mesa da asociación que xestionaba os fondos europeos para esa zona. É evidente que daquela ou non souberon ver o interese publicitario do asunto ou, seguro, a xentiña que lles fixo a proposta non foi quen de "venderlles" a idea. Imaxinas un arco de concellos con esa iniciativa, na que realmente terían que facer algún tipo de política activa de redución da contaminación lumínica? Porque coincidirás comigo que, dentro do meritorio que ten esta declaración Starlight na Veiga, non é máis que pagar para obtela. É dicir, ter a idea e os fondos económicos (aínda que estes veñen de fóra, non son do propio concello). Con todo, non me malinterpretes, ogallá houbera en Galicia 318 concellos con esta declaración de Starlight. Pero moito me temo que non vai haber ningún máis. En moito tempo.

E ogallá haxa moitos máis encontros ou xornadas ou congresos de astronomía afeccionada, profesional, ou do que sexa. Eu tamén teño ganas de ir a algunha actividade destas e gozar de ponentes e obradoiros e compañeiros. E ogallá que estas actividades do concello da Veiga se convirtan en algo estable no tempo, con músculo financeiro (para que cada ano se poidan organizar mellor e con máis medios) e con cada vez máis asistentes. Mentres estea por detrás a "famighlia" non haberá problema.

Ala, hoxe xa quedei máis relaxado  :666:

Responder
Página 2 / 2
Compartir: