Actividade de radio...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Actividade de radio-astronomía en Castrelo de Miño (Ourense)

2 Respuestas
2 Usuarios
0 Reactions
1,589 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Pois si, algúns xa sabiades que estabamos con outro proxecto entre mans. E, mes e medio despois de abrir, imos facer algo de astronomía. Que non se diga...
O grupo de radioafeccionados cos que levamos colaborando desde hai máis dun ano, propón facer varias actividades, concentradas na noite do sábado 23 de maio de 2015 e a mañá do domingo 24 de maio. Remataremos, en todo caso, á hora do xantar, para que todos teñamos tempo de volver a casa para votar nas eleccións.  :rules:

De xeito informal, iso si, pero tamén de balde, os radioafeccionados realizarán:
-- proba de aparatitos de racio e recepción satelital.
-- obradoiro sobre microondas: micromet. Técnicas básicas de recepción en hiperfrecuencias.
-- proxección de sonda Juno.

No mesmo lugar: Parque Náutico de Castrelo, en Castrelo de Miño (Ourense) www.nauticocastrelo.com hai opción de aloxarse no albergue do concello (10 leuriños), así como tomar café, xantar, almorzar e todo iso. Incluso bañarse no río, que nestes días de calor xa non se para.

Enviei tamén un correo ás asociacións, porque coa mesma, a noite do venres e do sábado teremos o evento "Cea con Lúa"; un menú gAstronómico especial con observación lunar, a xeito divulgativo. Adxunto aquí o panfletiño (se P.Canedo dá o seu permiso), para que poidades difundilo entre interesados.

1 respuesta
Respuestas: 3
New Member
Registrado: hace 9 años

Hola!Soy nuevo en este mundillo y vivo cerca! jaja..la verdad no tengo mucha idea..(con decirte q estoy sufriendo para montar el telescopio y ponerlo a punto jajaja)

Responder
Compartir: