Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ocultacións de estrelas por Plutón.

12 Respuestas
3 Usuarios
0 Reactions
4,314 Visitas
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 16 años

¿Podedes botar un vistazo a ésto?. E a primeira vez que uso Fotodif e non teño claro si está todo correcto. As imaxes o final están feitas con binning 3x3 e con 5 seg. de exposición, calibradas con Darks  e o ceo por esa zona non estaba gran cousa.

Responder
Respuestas: 300
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

Mellor usar estrellas de calibrado de brillo similar á da variable. Pero ten buena pinta. Podes poñer a escala de magnitud en valores absolutos. Eu non puden observar a ocultación. Demasiado cerca do horizonte.
Bon traballo

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 16 años

Con estas outras:

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

Ola:
Con respecto o que comenta Colapso de usar estrelas de comparación de brillo similar hai que matizar dúas cousas:

-se a cámara non é moi lineal escóllense estrelas de brillo similar porque usamos a mesma rexión de linealidade do detector e a medida é máis fiable. Sen embargo, as cámaras CCD modernas son moi lineáis en case todo o seu rango dinámico e polo tanto esto non sóe ser un factor limitante.

-cando se fai fotometría diferencial, como neste caso con Plutón, a incerteza s que afecta á magnitude diferencial final ven dada pola suma cuadrática das incertezas dos obxetos medidos (obxeto e comparación): s=sqrt(so^2 + sc^2). Polo tanto, se temos medidas do obxecto e da comparación con baixa relación sinal-ruido (SNR) é dicir, con so e sc grandes, o erro vai a ser grande. Neste caso, Plutón está medido con baixa SNR e eso non o podemos cambiar, pero se escollemos unha estrela de comparación con bo sinal a súa incerteza será moi pequena con respecto á de Plutón (sc <<so) e o resultado da suma cuadrática será s~sqrt(so^2)=so. De feito, cando se quere facer fotometría diferencial con moita precisión (exoplanetas, etc...) a veces úsanse varias estrelas de comparación e súmanse os fluxos para mellorar aínda máis a medida.

Resultado: sempre que se poida débense escoller estrelas de comparación con bo sinal para limitar o erro total da fotometría diferencial ó valor do erro do obxeto.

Saúdos.

Responder
Respuestas: 300
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

Ok, maestro.
Precisamente por o tema de linealidad o comentaba.
Este é un caso especial por a escasa exposición. O normal é que se escolla un tempo de adecuado en función do brillo da variable.
Apenas varían as curvas

Responder
Página 2 / 3
Compartir: