Aínda que xa sabedes por onde anda o lugar, seguro que preferides facer unha visita en persoa. Así que esta é a miña proposta-convite:
- Invitarvos unha noite (e a parte do día correspondente) para ver o albergue. Supoño que o ideal será un sábado noite.
- Será o último fin de semana de abril ou o primeiro de maio. Xa vos confirmarei según estea o contrato asinado xa ou non. Ide pensando que vos vai mellor e reservando os días nas axendas.
- O aloxamento será de balde para os miembros deste foro que queiran achegarse. Bueno, se alguén vén emparellado ou trae a algún amiguiño tampouco pasaría nada. Xa pagaredes "en especie", dando ideas e divulgando a súa existencia cando estea plenamente operatico :whistle:
- Non sei se teremos daquela servizo de cociña. No caso de que non, encargo xantar e/ou cea nun local típico do pobo ou bocadillos. O almorzo mal será que non o deamos feito entre todos. Supoño que haberá alguén que saiba encender unha cociña ou un microondas :intello:
- Non sei como estará no albergue o tema da roupa de cama. Como leva un par de anos pechado non me fío de como estea. Por se acaso, pensade en levar saco de durmir ou sabas, según a vosa comodidade. Se algún de vós quere traer á familia, podemos ocupar unha sección con habitacións dobres e estarmos máis cómodos.
Despois da visita, os interesados no tema valoraredes mellor as condicións do sitio. E, se non hai nubes, ata se pode observar algo.
Preguntas:
1.-Que vos parece?
2.-Quen se apunta?